GRAN FORMATO

  • Impartido por: Paco Rocha
  • Nivel: Avanzado/Pro
  • Duración: 16h
  • Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
  • N.º de prazas: 15
  • Cuota de inscrición: 175€
  • Datas: 19 e 20 de setembro de 2015

DESCRICIÓN
Mais aló do tamaño e da súa importancia, se existe un aparello en fotografía cunha versatilidade e capacidades case infinitas ese aparello é o Banco Óptico ou cámara de gran formato. A través desta formación aprenderás os conceptos necesarios para usar este tipo de aparellos tanto en grandes formatos de película coma en formatos dixitáis.

PROGRAMA
1.- O Banco Óptico
- Presentación dos diferentes sistemas (cámaras de campaña e monorrail)
- Consideracións de uso prácticas (cuidados, mantemento)
2.- Características das cámaras (montantes, fol, portaobxectivos, cristal de enfoque)
- Formatos
- Diferencias de estructura dos montantes (cámaras con e sen defecto de torsión)
- Tipos de Fol segundo o seu uso e limites dos mesmos.
- Placas portaobxectivos, ópticas e obturadores
Obxectivos, distancias focais e circulos de cobertura.
Obturadores, tamaños, velocidades, sincronización.
- Cristais de enfoque, mandos, marcas de encadre, compatibilidade de chasis.
3.- Movementos de desplazamento.
- Desplazamentos verticáis
- Desplazamentos horizontáis
4.- Movementos basculantes.
- Basculacións do montante óptico (Scheimpflug)
- Basculacións do montante traseiro (cando sexa posible)
5.- Metodoloxía de uso.
- Control de mandos de enfoque e bloqueo de movementos.
6.- Uso e disfrute.
- Previsualización
- Montaxe
- Axustes, enfoque, desplazamentos, basculamentos, axustes dos movementos.
- Click
DOCENTE: Paco Rocha
Fotógrafo e formador con máis de 20 anos de experiencia, emprega para o seus traballos persoais e comerciais cámaras de gran formato con soportes analóxicos e dixitáis.

https://www.linkedin.com/pub/paco-rocha/13/425/a24
https://es-es.facebook.com/pages/Paco-Rocha-Fotograf%C3%ADa/183840101686559
https://twitter.com/pacorocha_
http://www.pacorocha.com/

DESTINATARIOS
Calquer persoa interesada en aprender a utilizar unha cámara de gran formato

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Película instantánea para as probas dos alumnos

NECESIDADES
Se tes cámara de gran formato, traea… e se non… aquí teremos unha.

 

SHARE THIS