PRODUCIÓN DE FESTIVAIS E GRANDES EVENTOS MUSICAIS

  • Impartido por: XULIO R. CORDEIRO
  • Nivel: MEDIO
  • Duración: 12 HORAS
  • Horario: de 10h a 14h e de 16h a 19h SÁBADO E 10:00 H A 15:00 H DOMINGO
  • N.º de prazas: 20
  • Cuota de inscrición: 80 €
  • Datas: 5 e 6 de marzo de 2016

DESCRICIÓN
Neste obradorio poderás aprender a avaliar, deseñar e planificar todos os aspectos necesarios para realizar un gran evento musical ou festival.

PROGRAMA
Sábado 10:00 h a 14:00 h
Presentación
Avaliación de necesidades para a elaboración dun Orzamento de produción
Estudo das necesidades:
Toma de contacto co promotor - Necesidades derivadas do perfil do evento
Localización e deseño do espazo.
Toma de contacto co artistas e rider - Necesidades derivadas do rider dos artistas.
son, iluminación, video, backline, escenarios, rigging.
Sábado 16:00 h a 19:00 h
Localización
Elaboración de documentación
Plan de produción, planning de montaxe, follas de ruta, horarios concertos e probas.
Exercicio(dependendo do tempo)

Domingo 10:00 h a 15:00 h
Exercicio(seria o mesmo)

Proceso de produción dun evento
Contratación e coordinación de personal e equipamentos
Autoprotección, seguridade e lexislación

DOCENTE:
Responsable de produción da Cidade da Cultura de Galicia, onde, entre outros eventos, dirixiu a produción do concerto de Björk, os programas Cidade Imaxinaria e Atardederes no Gaiás, o ciclo Nexos e os Premios da Cultura Galega.
Con anterioridade coordinou para as empresas La Fábrica de Chocolate e Esmerarte as producións do Festival Cultura Quente e de Vigo Tranforma.
Foi socio e director da empresa XXL Produción e Loxística, manager de Berrogüetto, tour manager de Luar na Lubre, responsable técnico en xira do Centro Coreográfico Galego, así como director de produción do Festival de Ortigueira.
LinkedIn Xulio

DESTINATARIOS
PRODUCTORES/XESTORES CULTURALES/DIRECTORES E STAFF DE FESTIVAL E CONCERTOS
Este obradorio vai dirixido por un lado a estudantes de produción, produtores e staff de festivales: entender o proceso de produción e asumir e entender o traballo e responsabilidade dentro da organización dun evento,e por outro a programadores e xestores culturales, directores de festivales: entender o proceso e idioma na produción, entender o que está pasando e porqué é fundamental para orzamentar e minimizar calquera risco económico.

NECESIDADES
PORTATIL CON OFFICE(SOLO PARA OS EXERCICIOS, NON É IMPRESCINDIBLE)

 

SHARE THIS