#EncalladosNaCasa

O vindeiro venres 13 de novembro, 13º aniversario do Prestige, lánzase o visionado online de Encallados. Xa non hai excusa para non ver esta película. Pero ímolo facer especial:

Porque o bo de ver #EncalladosNaCasa é que o montas ti como queiras: cunha cervexa na man, con licor café, con flocos de millo, con castañas... podes comentar a peli en alto, berrarlles aos actores, tuitear e mesmo parar a peli para ir ao baño.

Pois ben, este venres á noite o equipo da película fará o mesmo na Unitaria, en compaña de quen queira vir ver Encallados connosco. Aproveitaremos para presentar a novela gráfica "Encallados" debuxada por Marcos Vigo.

Retransmitiremos todo por Periscope para facer deste visionado doméstico de Encallados unha experiencia colectiva. Nós poñemos a peli (nos vindeiros días diremos cómo vela), as castañas poñédelas vós.

 

SHARE THIS