MODELADO LIBRE E IMPRESIÓN 3D

  • Impartido por: Enrique Otero Neira (Brinka3D)
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 12 horas
  • Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 19h e domingo de 10h a 15h
  • N.º de prazas: 15
  • Cuota de inscrición: 80 €
  • Datas: 20 e 21 de febrero 2016

DESCRICIÓN
A través dun software gratuíto e sinxelo como son ferramentas 123D app de Autodesk, aprenderase a escanear en 3D, a modelar de xeito escultórico e a modificar arquivos descargados de bibliotecas online. Unha vez o modelo informático estea listo, prepararase o arquivo para a súa impresion 3D utilizando os distintos software necesarios (Netfabb, Slic3r, etc.).

PROGRAMA
- Sesión 1: O formato STL, referencia para a impresión 3D.
- Sesión 2: Escaneado 3D a partir de fotografías co 123D Catch.
- Sesión 3: Repositorios online de modelos 3D.
- Sesión 4: Modificación de modelos co Meshmixer.
- Sesión 5: Ferramentas esculturais Meshmixer / Sculpt+.
- Sesión 6: Programas alternativos de modelado.
- Sesión 7: Tratamento avanzado de arquivos co Netfabb.
- Sesión 8: Preparación do modelo para a súa impresión co software de laminado.

DOCENTE: Enrique Otero Neira
Arquitecto, iniciou a súa carreira en Ámsterdam, en 2008 trasládase a Barcelona e traballa en varios proxectos de prestixio internacional. Sempre relacionado coas novas tecnoloxías, o deseño CAD/BIM e a Impresión 3D, en 2014 funda Brinka3D.

https://es.linkedin.com/pub/enrique-otero-neira/2a/972/197

info@brinka3d
https://twitter.com/Brinka3D
https://www.facebook.com/pages/Brinka3D/1463615130577391
https://www.linkedin.com/company/5334691

DESTINATARIOS
Tódalas aquelas persoas interesadas no modelado 3D, a Impresión 3D e as súas aplicacións tanto a nivel profesional (arquitectura e das enxeñarías, deseñadores de calquer escala, profesorado, etc.) como afeccionado, preferentemente con coñecementos previos de modelado 3d con programas CAD.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
(facilitarase un dvd aos asistentes co programa e exemplos empregados ao longo do obradoiro)

NECESIDADES
Os asistentes precisarán o seu propio portátil onde instalarán software gratuito (válido tanto para windows como para mac). Recoméndase tamén traer unha tableta (android ou ipad) para empregar o Sculpt+.

 

SHARE THIS