CALIGRAFÍA

  • Impartido por: Iván Caíña
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 16h
  • Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
  • N.º de prazas: 15
  • Cuota de inscrición: 130 €
  • Datas: 9 e 10 de abril de 2016
  • INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Aprenderemos a técnica de caligrafía con pincel.
Practicaremos desde cero os trazos básicos da caligrafía Itálica para acabar o obrador compoñendo os nosos propios textos con soltura.

PROGRAMA
O programa deste taller está deseñado para introducir ao alumno na arte da Caligrafía.

Traballarase pincel, anilina ou acuarela líquida e papeis especiais.

Comezaremos explicando brevemente cales son os materiais básicos, máis importantes utilizados na caligrafía e centrarémonos nos que vaiamos utilizar no taller.
A parte práctica iniciarémola cos movementos básicos para controlar o pincel para que posteriormente nos sexa mais sinxelo escribir.
Cada módulo iniciarase con exercicios de liñas específicas para cada grupo de letras minúsculas.
Traballaremos as maiúsculas de forma breve posto que non requiren de tanta técnica senón de mais expresividade no trazo.
Para rematar pasaremos a practicar todo o aprendido escribindo moito, aprendendo a ligar letras para formar palabras e poder así escribir textos de xeito fluído.

DOCENTE: Iván Caíña
Iván Caíña é diseñador gráfico freelance especializado en caligrafía, lettering
Instagram: ivan_caina

DESTINATARIOS
O curso está dirixido todo o público, a persoas interesadas na caligrafía como método de expresión pero non cumpre cun target determinado así que calquera persoa pódese divertir xa sexa diseñador, publicista, camareiro ou presentador de TV.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Apuntes, pincel, tinta e papel especial.

NECESIDADES
Todo o material está incluído, só necesitan traer GANAS DE APRENDER a escribir bonito, aínda que se anteriormente practicantes con algún pincel, pluma ou rotulador, sempre podes traelo.

INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

 

Feb, 04, 2016

0

SHARE THIS