DANZA AFRICANA!

  • Impartido por: Tania Veiga con dous percusionistas
  • Nivel: Medio
  • Duración: 12 horas
  • Horario: mércores de 17h a 19h
  • N.º de prazas: 15
  • Cuota de inscrición: 110€
  • Datas: 18 e 25 de maio, e 1, 8, 15 e 22 de xuño de 2016

DESCRICIÓN
Neste curso, desenvolveremos parte da linguaxe da danza africana tradicional da costa oeste. A través de frases coreográficas sinxelas, traballaremos a postura corporal, illamentos, coordinación e calidades de movemento na danza africana.

PROGRAMA
Cada aula conta cunha introdución teórica ó comezo, seguido dun quentamento, exercicios para traballar diferentes destrezas (coordinación motora, illamentos, postura corporal, escoita grupal, ...), desenvolvemento dunha coreografía e por último un estiramento-relaxación.
Contamos con percusión en directo.

A continuación as destrezas e obxectivos máis concretos nos que se centrará cada aula:

- 18 de maio: Introdución á danza africana da costa oeste. Postura corporal, illamentos e coordinación motora, coreografía (I).
- 25 de maio: Significado concreto do ritmo. Recoñecemento do ritmo e de sinais da percusión. Escoita grupal. Postura corporal, illamentos e coordinación motora, coreografía (II).
- 1 de xuño: Canto (opcional). Coreografía (III), unión de tódalas frases.
Fin da primeira parte
- 8 de xuño: Calidades do movemento na danza africana. Autonomía do alumnado.
- 15 de xuño: Ballet vs Danza tradicional. Escenografía. Autonomía do alumnado.
- 22 de xuño: Coreografía completa con escenografía do alumnado.

Fin do curso.

O programa poderá sufrir modificacións para adaptarse ás demandas do grupo

DOCENTE: Tania, da a.c. Galinké, comeza os seus estudos en danza africana da Costa Oeste en 2011; conta con dúas viaxes a África e múltiples cursos recibidos na Península.
www.facebook.com/galinke.galiza
ascgalinke@gmail.com

DESTINATARIOS
Adultos con experiencia nalgunha disciplina de danza

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Recursos online co ritmo e información sobre o mesmo.

NECESIDADES
Roupa cómoda. Xeralmente bailamos descalzas/os, pero se poden traer zapatillas con suela fina. Poden traer unha toalla ou esterilla para utilizar no estiramento.

 

SHARE THIS