DEBUXANDO POR COMPOSTELA

  • Impartido por: Los Bravú
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 10h
  • Horario: de 10h a 19h
  • N.º de prazas: 30
  • Cuota de inscrición: 50 €
  • Datas: 25 de xuño de 2016

DESCRICIÓN
Este curso ten como obxetivo realizar un "caderno de viaxe". Recopilar baixo un enfoque persoal as experiencias dun día camiñando por Compostela en forma de debuxo. Na práctica explicaremos técnicas e trucos favorables ó cadernismo. O longo dun día enteiro percorreremos os recunchos de Santiago e os veremos a través dos ollos do debuxo. Calquera cousa será susceptible de ser pintada.

PROGRAMA
As 10:00 da mañá citarémonos en Unitaria e faremos unha breve introducción ó "caderno de viaxe", explicaremos o percorrido ó longo da cidade e unha vez comenzada a ruta explicaránse na práctica consellos útiles de apuntes ó natural. Faremos divertidos  exercicios de debuxo. Á vez, durante o percorrido haberá un xogo, darase ós alumnos un listado de elementos que deberán atopar e debuxar durante a xornada. Ás 19:00 estaremos de volta en Unitaria e poñeremos os cadernos en común.

Dirixida a calquera persoa interesada no debuxo.
O alumno deberá traer algún caderno A-5 ou superior. Materiais de debuxo e pintura ó seu gusto.

DOCENTES
Los Bravú son unha parella artística formada por Dea Gómez e Diego Omil. O seu traballo multidisciplinar ten catro pilares fundamentais, pintura, escultura, textil e cómic. Sendo esta última disciplina onde mais recoñecemento reciben. Veñen de publicar dous títulos coa editorial Fulgencio Pimentel e de participar na antoloxía “Terry” xunto con importantes autores internacionais. No 2015 residiron na presitixiosa Maison des auteurs de Angouleme (Francia) e publicaron “La Furia” coa editorial catalana APA-APA.
www.losbravu.com
losbravu@gmail.com

DESTINATARIOS
Dirixida a calquera persoa interesada no debuxo.

NECESIDADES
O alumno deberá traer algún caderno A-5 ou superior. Materiais de debuxo e pintura ó seu gusto. Roupa e calzado cómodo para camiñar.

Mai, 21, 2016

0

SHARE THIS