WORDPRESS PARA TOD*S

  • Impartido por: Iñaki Quenerapú
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 12h
  • Horario: O sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e o domingo de 10h a 14h.
  • N.º de prazas: 12
  • Cuota de inscrición: 90 €
  • Datas: 24 e 25 de setembro de 2016

DESCRICIÓN
Obradoiro práctico de iniciación ao manexo de WordPress, que ven sendo o equivalente ao Word para a web: a ferramenta "de facto" para publicar contidos na rede.

PROGRAMA
– Diferencias entre WordPress.com y Worpress.org. Cal debo usar?
– Facéndonos co panel de administración.
– Creando contenidos: artigos, páxinas, categorías e etiquetas.
– Administrando os contidos multimedia (imaxes, adxuntos, etc).
– Xestionando os comentarios.
– Organizando os menús.
– Instalando plugins (complementos para aumentar as opcións de WordPress): algúns dos plugins máis interesantes. Consellos e ideas.
– Instalando temas (o deseño do noso sitio WordPress): algúns dos temas máis atractivos. Consellos e ideas.
– WordPress en varios idiomas.
– SEO e redes sociais: facilitando o indexado en Google do teu sitio web e facéndoo amigable para Facebook e Twitter.
– Unha pouca de mecánica (pouca): entendendo que son un servidor web, un dominio, un hosting, etc; e como facerse con todo eso.
– Paso a paso: instalar e configurar un WordPress nun servidor web.
– Ferramentas para facilitar as cousas e ideas e consellos para publicar contidos de interese.

DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Evanxelizador dixital e profesor de tecnoloxía para a educación. Deseña e constrúe sitios web desde 1996. Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.

Web: quenerapu.com
Twitter/Instagram/Youtube: @quenerapu
Facebook: /quenerapu

DESTINATARIOS
– Xente con ganas de por en marcha o seu propio sitio web.
– De especial interese para xornalistas, mestres, fotógrafos e todo tipo de profesionais.

NECESIDADES
Un portátil ou tableta. Traer un smartphone ademáis, tamén estaría ben.

Ago, 18, 2016

0

SHARE THIS