DILDO IT YOURSELF

  • Impartido por: Sabela Dopazo Vieites
  • Nivel: avanzado
  • Duración: 16 h
  • Horario: de 10h a 14h y de 16h a 20h
  • N.º de prazas: 16
  • Cuota de inscrición: 160 €
  • Datas: 26-27 novembro de 2016

DESCRICIÓN
Deseña, fabrica e lévate a casa o dildo dos teus soños, único, persoal e transferible. Traballaremos con silicona de alta calidade, técnicas profesionais de moldes e reproducións e a sensualidad do traballo feito a man.

PROGRAMA
-Introdución: O dildo é unha peza de deseño cunha longa e importante historia no campo da sexualidade, a terapia, a arte, as políticas de xénero, e o pracer.
-Deseño: Como se deseña un obxecto? Que debemos ter en conta para deseñar un dildo? Cada participante deseñará o seu dildo.
-Modelado: Cada participante dará forma coas súas mans á súa peza de pracer.
-Molde: Veremos varios tipos de moldes ata chegar ao máis adecuado para a nosa proposta.
-Reprodución: Reprodución de cada peza final nas cores elixidas.

DOCENTE: SABELA DOPAZO
Son diseñadora de produto, especializada en moldes e reproducións, traballo con diferentes materiais e investigo desde unha perspectiva do deseño feito a man e actual. Son socia fundadora, diseñadora de produto e de marca de BS Atelier.
www.sabeladopazo.com

DESTINATARIOS
Este taller vai dirixido a toda persoa que de forma profesional ou amateur teña un vínculo co mundo do deseño, a arte ou a sexualidade. Non é preciso ter coñecementos previos de moldes ou de deseño de produto, pero si é importante ter gusto por crear coas mans e certa habilidade con elas.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Silicona e pigmentos con certificado de contacto pel
Masilla e útiles para modelar
Escayola
Vaselina filante
Lixas
Vasos para mesturas

NECESIDADES
Na fase de deseño cada asistente levará un block para boceto e lápices para debuxar o seu modelo de dildo. Si algún alumno ou alumna deseña habitualmente en 3d e prefire o modo dixital, pode levar o seu portátil co programa correspondente. Cada participante é libre de levar o material co que adoite deseñar.

Set, 16, 2016

0

SHARE THIS