MANTEMENTO AVANZADO DE GUITARRA

  • Impartido por: Marcos Domato Fernández
  • Nivel: Avanzado
  • Duración: 16h
  • Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
  • N.º de prazas: 6
  • Cuota de inscrición: 130 €
  • Datas: 21 e 22 de xaneiro

DESCRICIÓN
A función deste curso é aprender a crear unha pestana (cejuela) de óso para guitarra eléctrica ou acústica, aprender
a facer un nivelado e recoronado de trastes e construir unha sinxela pero moi efectiva regra para medir a curvatura
do mango da guitarra.

PROGRAMA
1. Como funciona unha pestana de guitarra, que características debe ter para un correcto funcionamento e
como realizar un bo mantemento.
2. Como fabricar unha pestana de guitarra en óso.
3. Que características debe ter unha regra para medir a curvatura do mango.
4. Como detectar unha guitarra cos trastes desnivelados
5. Como realizar un nivelado correcto dos trastes.
6. Como realizar un recoronado de trastes tras o nivelado.

DOCENTE: Marcos Domato Fernández
www.seawood.es
www.facebook.com/seawoodcustomshop

DESTINATARIOS
Dirixido a persoas que xa están acostumadas a facer pequenos axustes nos seus instrumentos pero queren dar un paso máis.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
O docente porá a disposición dos alumnos as ferramentas necesarias para realizar os traballos (limas de pestana, lapis de
carpinteiro, rotulador, serra, regra, soporte para tallar o óso, barra para limar os trastes, lixa, pulimento de metais,
cinta de carroceiro, limas de recoronado de trastes, fret-rocker, etc)
Asimesmo se aportarán unhas láminas de aluminio das que se obterán as regras para medir a curvatura do mango.
Aportaranse os ósos para facer as pestanas e unhas plantillas coas que realizar medicións.
Tamén se aportarán uns sinxelos soportes para o mango das guitarras que quedarán para os alumnos.

NECESIDADES
Unha guitarra ou un baixo, tanto eléctricos como acústicos (non guitarra clásica), un xogo novo de cordas.

Nov, 24, 2016

0

SHARE THIS