PROCESOS FOTOGRÁFICOS DO SÉCULO XIX

  • Impartido por: Francisco Gómez
  • Nivel: Iniciación/medio
  • Duración: 16H
  • Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
  • N.º de plazas: 12
  • Cuota de inscricción: 125 €
  • Datas: 29 e 30 de abril de 2017
  • DATA LÍMITE DE INSCRICCIÓN: 22 de abril

DESCRICIÓN
O presente obradoiro ten como finalidade introducir aos participantes a tres procesos fotográficos do século XIX: A Cianotipia, o marrón Van Dyke e o Papel salgado. A través da presentación práctica destes tres procedementos serán descritos: a modalidade da formación da imaxe fotográfica para cada proceso, os químicos utilizados, e a interacción do soporte papel coas solucións fotosensibles. O carácter práctico do curso permitará descubrir a realización dos diferentes procedementos e as diversas reaccións fotoquímicas. Algunhas das impresións máis creativas que se elaboraron na historia da fotografía e que se poden producir artesanalmente na actualidade.

PROGRAMA

- Contexto histórico de cada un dos procesos. Clasificación segundo a súa formulación química.
- Descrición e preparado das emulsións fotosensibles. Coidados e precaucións.
- Análise e descrición dos negativos utilizados para as diferentes técnicas.

O soporte.

- Descrición das xelatinas utilizadas para o encolado dos soportes.
- Preparación do papel segundo proceso.

A copia

- Exposición e desenvolvemento de cada proceso.
- Blanqueo e virados para os diferentes procesos.
- Conservación e coidados.

DOCENTE: Francisco Gómez

É fotógrafo, artista visual e docente con máis de 15 anos de experiencia pedagóxica e de realización de exposicións e workshops en diferentes cidades.
É fundador da asociación “Taller Milans". Co-autor do libro “Experimental Photography” editado en inglés por “Thames and Hudson” e a versión en castelán pola editorial “Blume” (2015).

www.tallermilans.blogspot.com

DESTINATARIOS
Destinado a quenes queiran desenrrolar proxectos a través da creación de impresións orixinais con técnicas artesanais.

NECESIDADES
Arquivos de dúas fotos en branco e negro de boa calidade.

 

SHARE THIS