LILI BERLIN

Blanca Cendán e Suso Alonso embárcanse de novo neste espectáculo de Cabaré Musical polos escenarios do surrealismo galaico. Crítica social e política ilustrando as melodías de compositores coma Kurt Weill, Friedrich Höllander, Scott Joplin, John Kander, Norbert Schultze e Kraftwerk entre outros, fan deste espectáculo un referente na escena galega.

Blanca Cendán é actriz e cantante. É fundadora do grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) e da Sala NASA, referente da escena en Galicia. Foi nominada coma actriz protagonista ós premios María Casares pola interpretación desta personaxe inmortal. Foi Directora do Centro Dramático Galego. Ten traballado en Cine (Mia Sarah, One day in Europe), Series de TV (Valderrei, Fíos...) e Teatro (Chévere, Teatro do Morcego...) dende o ano 1988. En Berlín ten participado en curtametraxes coa Escola de Cine dffb da man de Hannes Stöhr, director de renome no audiovisual xermano (“Berlin is in Germany”, “Berlin Calling”, “Global Player”).

Suso Alonso é pianista, compositor e arreglista, ten colaborado en montaxes teatrais co grupo Chévere (Premio Nacional de teatro 2014) como a Ópera “Annus Horríbilis”, asímismo premio da crítica en Barcelona. Co Centro Dramático Galego (Noite de Reis, Obra, A Ópera dos 3 Reás...). Ten un premio María Casares a mellor música orixinal polo espectáculo “Obra” da Cía. Excéntricas no ano 2009. Forma parte do grupo musical Di Elas con Luis Tosar entre outras formacións coma Psicófónica de Conxo e Os da Ría...

Dec, 11, 2016

0

SHARE THIS