L

PINCHACARNEIRO TEATRO chega á Unitaria para presentarlles o use último espectáculo, “L”, que ven de ser premiado co 2º posto do Xuventude Crea 2016. É unha comedia tan irreverente coma eles, que rompe as liñas do teatro clásico porque… ¿qué demo?, xa o vimos mil veces.

Saben crear historias coherentes e inxeniosas e, nesta ocasión, aprobeitan para aderezar o proxecto cos seus fortes creativos. Unha peza con ritmo propio, humor presuntamente de mal gusto e dinamismo para conseguir que o público o disfrute ao máximo.

L ambiéntase na nosa discoteca persoal, onde a noitevella representa a máis rancia, cutre e decadente das festas. Unha comedia bailable, onde os acontecementos se moven a ritmo de electropop. Bailando do noso brazo, ninguén se quedará indiferente.

+info en https://www.facebook.com/PinchacarneiroTeatro

Xan, 31, 2017

 

0

SHARE THIS