AFTER EFFECTS

  • Impartido por: ROBERTO C. GODAY
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 24 horas - 3 horas/semana (2 MESES)
  • Horario: 17,15h a 20,15h OS MARTES
  • N.º de prazas: 10
  • Cuota de inscrición: 90 €/mes (180€ TOTAL)
  • DATAS: do 21 de marzo ao 9 de maio do 2017

DESCRICIÓN
Con este curso preténdese achegar o mundo da animación e creación de gráficos animados a todos os asistentes. Intentarase mostrar diferentes usos a traves de diversos proxectos.

PROGRAMA
Entorno de traballo (Ventá de proxectos, visores, liña de tempo, paletas desplegables)
Tipos de Capas (Sólidos, textos, capas de axuste)
Traballo con capas (Edición, transformacións,animación básica, 2D Vs 3D)
Animación de textos.
Máscaras
Integración con premiere pro e photoshop.
Composición básica de imaxes (mattes e keying)
Tracking

A orde dos contidos non é necesariamente esta, xa que se vai traballar en base a proxectos onde se irán vendo as diferentes ferramentas e técnicas.

DOCENTE: Roberto C. Goday
De caracter inquedo e polifacético. Adícome desde hai máis dunha década á postprodución, 3D, composición musical e deseño de son.
valgo tanto para un roto como para un descosido.

www.linkedin.com/in/robertocgoday

DESTINATARIOS
Calquera persoa interesada en animación, motion graphics, composición de imaxes en movemento, creación de títulos de crédito ou similares.

NECESIDADES
O ideal é ter un portatil máis ou menos moderno con after effects e algún programa de manipulación de imaxes compatible co formato .psd. Se se ten a suite de adobe mellor porque se falará algo sobre a integración de after effects con premiere pro e photoshop.

Feb, 16, 2017

0

SHARE THIS