PHOTOSHOP

  • Impartido por: Iñaki Quenerapú
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 24h
  • Horario: 3h semanais (XOVES POLAS TARDES de 16h a 19h)
  • N.º de prazas: 10
  • Cuota de inscrición: 180 € (repartidos en dous pagos de 90€ cada mes)
  • Datas: do 23 de marzo ao 18 de maio de 2017

DESCRICIÓN
Aprende a photoshopear coa ferramenta líder do mercado: coñecemento da interface do programa, as ferramentas de traballo, as súas posibilidades en canto a retoque fotográfico, cor, pintura, selección de obxectos e modificación dos mesmos, importar e exportar arquivos, traballar con texto, efectos especiais e impresión...

PROGRAMA
##Semana 1 (3 horas)

- Paseo xeral polos menús de Photoshop
- Entendendo conceptos como resolución, mapa de bits e formatos de arquivo
- Enderezar e recortar imaxes

##Semana 2 (3 horas)

- Diferentes maneiras de seleccionar zonas da imaxe

##Semana 3 (3 horas)

- Traballando con capas, canais e trazados

##Semana 4 (3 horas)

- Reparando/retocando imaxes antigas

##Semana 5 (3 horas)

- Adaptando un anuncio a diferentes medidas
- Adaptando un cartel a diferentes medidas

##Semana 6 (3 horas)

- Efectos especiais
- Formatos especiais: bitonos, transparencias...
- Corrección de cor

##Semana 7 (3 horas)

- Repaso
- Traballando coas accións

##Semana 8 (3 horas)

- Recursos externos
- Photoshop para imprenta
- Photoshop para a web

DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Evanxelizador dixital e profesor de tecnoloxía para a educación. Deseña e constrúe sitios web desde 1996. Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.

Web: quenerapu.com
Twitter/Instagram/Youtube: @quenerapu
Facebook: /quenerapu

DESTINATARIOS
– Xente con ganas de APRENDER a photoshopear.

NECESIDADES
Un portátil con Adobe Photoshop instalado e ratón.

 

Feb, 16, 2017

0

SHARE THIS