MORNINGS

MORNINGS

Blanca Cendán e Suso Alonso métense na pel dos MORNINGS, uns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar…
A aparición dos primeiros aparellos de T.V. nos pobos, as VESPAS, a perrita Marilyn de Herta Frankel, o primeiro festival de Eurovisión, a apertura ó turismo na costa e outras “vicisitudes”… enchían de influenzas inglesas, francesas e italianas, a cultura do momento.
Trátase dun espectáculo de teatro musical onde os protagonistas, os MORNINGS navegan nun contexto atemporal pero, inspirado na estética e na música dos anos 60 rescatando temas e versioneando a Rita Pavone, The Turtles, Mina e Adriano Celentano, Nancy Sinatra e Sandy Shaw, entre outros.
A idea de situalos nesta época nace co afán de recupera-la inocencia perdida, a ilusión daqueles anos que espertaban dun momento histórico tráxico e que significaba unha apertura de ideas e de liberación na moral que foi transmitida na arte, na moda e na música.
A idea orixinal do espectáculo é de Blanca Cendán e Suso Alonso.
O asesoramento artístico de escena ven da man de Roberto Leal e John Eastham.
O traballo vogal é de Ramón Bermejo e a parte de Arte (Deseño gráfico, Escenografía, e Vestiario) de Virxinia Barros, xunto coa xastra Cloti Vaello. A maquillaxe é unha creación de Fany Bello e o video “Mornings” de Gael Herrera Batallán.
¡Tómate algo cos MORNINGS no seu peculiar GUATEQUE GLOBAL!

Blanca Cendán é actriz e cantante. É fundadora do grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) e da Sala NASA, referente da escena en Galicia. Foi nominada coma actriz protagonista ós premios María Casares pola interpretación desta personaxe inmortal. Foi Directora do Centro Dramático Galego. Ten traballado en Cine (Mia Sarah, One day in Europe), Series de TV (Valderrei, Fíos...) e Teatro (Chévere, Teatro do Morcego...) dende o ano 1988. En Berlín ten participado en curtametraxes coa Escola de Cine dffb da man de Hannes Stöhr, director de renome no audiovisual xermano (“Berlin is in Germany”, “Berlin Calling”, “Global Player”).

Suso Alonso é pianista, compositor e arreglista, ten colaborado en montaxes teatrais co grupo Chévere (Premio Nacional de teatro 2014) como a Ópera “Annus Horríbilis”, asímismo premio da crítica en Barcelona. Co Centro Dramático Galego (Noite de Reis, A Ópera dos 3 Reás...). Ten un premio María Casares a mellor música orixinal polo espectáculo “Obra” da Cía. Excéntricas no ano 2009. Forma parte do grupo musical Di Elas con Luis Tosar entre outras formacións coma Psicófónica de Conxo e Os da Ría...
https://www.youtube.com/watch?v=fQ-IKON3FPI
https://www.youtube.com/watch?v=Jn21XxRftZ4
https://www.youtube.com/watch?v=FhofjWV06R4
http://www.crtvg.es/informativos/oferta-teatral-en-galicia-para-a-fin-de-semana-765846
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/rua-urzaiz-vigo a partir do minuto 23:28
http://blancacendan.wix.com/works

SHARE THIS