BODEGÓN. O OBXETO NA NATUREZA MORTA DENDE A ARTE E A FOTOGRAFÍA

  • Impartido por: Emilia Valencia
  • Nivel: Iniciación-Medio
  • Duración: 12 horas
  • Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h
  • N.º de prazas: 15
  • Cota de inscricción: 110 €
  • Datas: 17 e18 de XUÑO 2017

INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
O propósito principal deste curso, é compoñer unha serie de bodegóns e a súa representación fotográfica, partindo das premisas esenciais, as súas orixes e influencias, cos dispositivos de alta
tecnoloxía máis actuais.
Así mesmo darase a coñecer a súa repercusión na arte, na fotografía e descubrir os vínculos emocionais que hai en cada un dos nosos obxectos.

PROGRAMA
O OBXECTO NA NATUREZA MORTA DESDE A ARTE E A FOTOGRAFÍA
Impartido pola artista e profesora: Emilia Valencia Martín
Tanto o bodegón ou natureza morta como a fotografía, non foron ben tratados nin pola crítica nin pola historia. O primeiro como xénero sempre estivo por detrás da pintura de paisaxe, retrato ou pintura histórica . O mesmo lugar foille disposto á fotografía como disciplina respecto da pintura.
Ambos foron catalogados pola crítica e a estética como arte menor, a propósito da seu protagonismo nos espazos máis transitados da nosa cultura actual. Os dous parten nas súas orixes dunha posta en escena, e os dous de forma inocua, desenvolveron un importante papel na difusión e
catalogación da arte, a ciencia e a cultura en xeral. É por iso que unir natureza morta e fotografía axúdanos a percibir e reflexionar mais na aparencia dos detalles e a esencia das cousas que flúen ante nós.

Obxectivo:
Todos sabemos recoñecer un bodegón? Pero malia recoñecelo temos a dificultade de entendelo como término, pois comprende moitos aspectos. A Arte Antiga; Exipto, Grecia, Pompeya, os bodegóns holandeses e españois, o cubismo, o surrealismo, o trompe-l`oeil, o collage…
Preguntámosnos entón se todas estas imaxes tan distintas poden abarcar una mesma categoría desde o concepto de bodegón ou natureza morta e desde un punto de vista histórico, técnico e
cultural.
Un aspecto importante que dá forma a este taller é a observación dos obxectos, cando a luz deposítase sobre eles. Nese momento, o obxecto toma vida propia e perde o contexto no que se observa. É aquí cando esa luz entre as cousas, pretende perpetuar o tempo inerte dun instante.
A través da nosa mirada e nosa cámara, aprenderemos a visualizar e captar a esencia da vida silenciosa dos obxectos .
Neste taller ademais, analizaremos a súa historia a través da arte e a súa evolución desde a arte á fotografía.
Outro dos aspectos de é compoñer unha serie de bodegones e a súa representación fotográfica, partindo das premisas esenciais, as súas orixes e influencias, cos dispositivos de alta tecnoloxía
mais actuais. Así mesmo darase a coñecer a súa repercusión na arte, na fotografía e descubrir os vínculos emocionais que hai en cada un dos nosos obxectos.
O bodegón ou natureza morta provocado, atopado, onírico, clásico, surrealista.
En definitiva un xogo entre ficción e realidade.

DOCENTE: Emilia Valencia
É licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.

A súa actividade artística e profesional está vinculada á fotografía e á arte en sentido amplo. como profesora de fotografía e imaxe en universidades ,UCM, F. de Vitoria, centros de educación
secundaria e outras institucións. Xestora cultural especializada no ámbito fotográfico, así como a
de editora e redactora en diversos medios de información especializada en fotografía. Na actualidade dirixe a súa propio blog: https://fotosentrelineas.wordpress.com/
Tamén expón regularmente en diversas galerías, museos, feiras de fotografía e arte nacionais e internacionais.
linkedIn https://www.linkedin.com/in/emilia-valencia-1aa00325/Emilia Valencia Martin -

DESTINATARIOS
Estudantes e profesionais de Artes Plásticas e Deseño, e persoas interesadas na fotografía e a imaxe, con ou sen coñecementos sobre o oficio.

NECESIDADES
Os asistentes deberán de aportar equipo fotográfico: Cámara e obxetivos, e trípode e ademais (opcional) obxectos persoais que lle apeteza fotografar nun contexto diferente á súa posición normal

none
none
none

SHARE THIS