SKETCH UP

  • Impartido por: Enrique Otero Neira (Brinka3D)
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 12 horas
  • Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h
  • N.º de prazas: 15
  • Cuota de inscrición: 90 €
  • Datas: 3 e 4 de xuño 2017

DESCRICIÓN
O Sketch Up é o software de referencia para a introducción no modelado ou debuxo 3D pola súa facilidade de uso e a calidade dos resultados dende o primeiro minuto. Este programa emprégano dende grandes estudios de arquitectura e enxeñería ata escolas de secundaria, tendo nos afeccionados na Impresión 3D un importante grupo de usuarios.

PROGRAMA
- Sesión 1.- Introdución ao Sketch Up, a sua interface e axustes previos.
- Sesión 2.- Ferramentas básicas: barra Conxunto Grande de Ferramentas.
- Sesión 3.- Traballo con conxuntos: Capas, Grupos e Compoñentes.
- Sesión 4.- Debuxo en 3D (extrusión, revolución, etc.) e ferramentas da Caixa de Area.
- Sesión 5.- Opcións de Visualización, Sombras, Estilo.
- Sesión 6.- Creación de Materiais e Escenas.
- Sesión 7.- Importar / Exportar - Bibioteca de compoñentes.
- Sesión 8.- Extensións (plugins) para facilitar o fluxo de traballo.

DOCENTE: Enrique Otero Neira
Arquitecto, iniciou a súa carreira en Ámsterdam, en 2008 trasládase a Barcelona e traballa en varios proxectos de prestixio internacional. Sempre relacionado coas novas tecnoloxías, o deseño CAD/BIM e a Impresión 3D, en 2014 funda Brinka3D.

https://es.linkedin.com/pub/enrique-otero-neira/2a/972/197
info@brinka3d
https://twitter.com/Brinka3D
https://www.facebook.com/pages/Brinka3D/1463615130577391
https://www.linkedin.com/company/5334691

DESTINATARIOS
Tódalas aquelas persoas interesadas no debuxo en 3D e as súas aplicacións tanto a nivel profesional (arquitectura e das enxeñarías, deseñadores de calquer escala, profesorado, etc.) como afeccionado, preferentemente sen coñecementos previos de modelado 3d.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
(facilitarase un dvd aos asistentes co programa e exemplos empregados ao longo do obradoiro)

NECESIDADES
Os asistentes precisarán o seu propio portátil onde instalarán software gratuito (válido tanto para windows como para mac)

Abr, 10, 2017

0

SHARE THIS