TÉCNICA VOCAL: DENDE A ÓPERA ATA O ROCK

  • Impartido por: Pablo García Ferradás.
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 12h.
  • Horario: sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h.
  • N.º de prazas: 15
  • Cuota de inscrición: 90 €
  • Datas: 3 e 4 de xuño  de 2017

DESCRICIÓN
É evidente que para o bo exercicio do canto, sexa cal sexa o estilo, necesitamos desenvolver e aplicar unha técnica vocal que potencie ao máximo as nosas cualidades vocais e que nos axude a abordar con solvencia pezas musicais de diferente esixencia vocal. Por outra banda, a mellor prevención dos trastornos da voz é unha boa técnica. Un aspirante a cantante, debe adquirir unha conducta preventiva, diaria e permanente para preservar a saúde do aparato vocal.

PROGRAMA (curso práctico)
Anatomía da fonación:

- O aparato respiratorio.
- O órgano vocal vibrante.
- O sistema de resonancia.
- Sistema articulatorio.

O estilo e a técnica:

- Os xéneros musicais e a versatilidade vocal.
- Canto lírico vs. canto moderno.
- Técnica vocal clásica e novos enfoques.
- Aspectos comúns da técnica vocal e aspectos específicos para cada estilo.

Traballo corporal:

- Relaxación.
- Reorganización e control postural.
- A respiración.
- O apoio.

Traballo vocal:

- A resonancia vocal.
- A impostación e a proxección da voz.
- A coordinación fonorrespiratoria.
- O timbre vocal.
- O falsete.
- A tesitura.
- O rexistro vocal e a pasaxe.
- Dicción e articulación.
- Inicio vocal.

Traballo práctico: sobre cancións individualmente e en grupo, polifonía, improvisación, xogos vocais, etc.

Coidados da voz: pautas de hixiene vocal.

DOCENTE: Pablo García Ferradás.
Diplomado en Educación Musical (Universidade de Vigo), conta con tres posgraos, de “Especialista en patoloxía da voz”, de “Experto en intervención logopédica” e de “Rehabilitación y perfeccionamento da voz profesional falada e cantada” (Universidade de Alcalá de Henares). Comeza a interesarse polo canto dende moi novo, participando en diferentes agrupacións corais, o que o levará máis tarde a estudar canto lírico con distintos mestres de talla nacional e internacional. Interesado polo fenómeno vocal en tódalas súas manifestacións e a súa investigación, posúe ampla formación en foniatría, logopedia, técnica vocal (fala e canto), etc., de feito conta co “Voice Craft”-Certificado de Still Voice Systems, innovador método de técnica vocal integral.
En canto a súa labor profesional lévaa a cabo tanto en Galicia como en distintos puntos da xeografía española, desenvolvendo competencias como profesor de técnica vocal e canto, formador en foniatría, terapeuta vocal e “vocal coach”. Colabora habitualmente coa FECOGA (Federación Coral Galega), co CFR (Xunta de Galicia) y o CIG-Ensino, impartindo cursos de educación vocal para docentes, con Hedima, o Instituto Avanza e P&A (consultoras de formación, Madrid), como formador en foniatría a nivel nacional, coa Universidade de Vigo e Santiago de Compostela impartindo diferentes cursos de Ortofonía e técnica vocal. Tamén se adica a formar vocalmente a profesionais da interpretación, colaborando con diferentes agrupacións teatrais (NNC Teatro, aula de teatro da USC, Talia Teatro, etc.) e como profesor de voz en cursos de dobraxe para PC Carrier (A Coruña). Como profesor de canto desenvolve a súa labor docente na escola de música “A Tempo” (Pontevedra) e na escola “Estudio”(Santiago de Compostela).

DESTINATARIOS
Dirixido a cantantes de diferentes estilos e a todas a persoas interesadas en iniciarse no eido da técnica vocal e o canto

NECESIDADES
Para a realización deste curso vou a utilizar un ordenador, esteiras, teclado musical, gomas elásticas, etc. todo material aportado por min mesmo.
Os alumnos deberán acudir preferiblemente con roupa cómoda.

 

SHARE THIS