TÓCATE LAS PALMAS

"Tócate las Palmas" é un obradoiro de flamenco en clave de humor. Da man do guitarrista gaditano Miguel Flores faremos unha viaxe ao longo da historia deste xénero andaluz universal. Coñeceremos as súas orixes, aprenderemos os patróns básicos de palmas e identificaremos os principais "palos". Nunha hora repleta de humor, Miguel Flores contará divertidas anécdotas e romperá connosco uns poucos mitos e lendas deste xénero tan coñecido e do que, ao mesmo tempo, sabemos tan pouco. Ademáis poderemos practicar as palmas acompañando ao propio Miguel, que nos deleitará con composicións do seu primeiro espectáculo Belyounech.

Abr, 18, 2017

0

SHARE THIS