FOTOGRAFÍA NOCTURNA: ABRE OS OLLOS A NOITE

  • Impartido por: Víctor Barro
  • Nivel: Iniciación
  • Duración: 12h
  • Horario: de 10 a 14h e de 17h a 1h (am)
  • N.º de prazas: 15
  • Cuota de inscrición: 95€
  • Datas: Sábado 25 de novembro de 2017
  • DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 23 de novembro.
  • INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Actividade formativa teorico-práctica de iniciación a fotografía nocturna cos obxectivos de:
1.- Coñecer e practicar as técnicas básicas de exposición en condicións de pouca luz.
2.- Espertar o interese e a paixón pola fotografía de longa exposición como técnica artística de expresión.
3.- Incluir no teu repertorio fotográfico imaxes nocturnas para aportar un valor engadido ao teu traballo.

PROGRAMA
- Teoría da fotografía e longa exposición.
Teoría sobre o funcionamento da cámara: Sensibilidade, tempo de exposición, uso do trípode e disparador.
Fotografíar utilizando o tempo de exposición e modo B e T/S/Tv.
Medición.
Enfoque na oscuridade.

- Fluxo de traballo na fotografía nocturna.
Exemplos de movemento relativo e aspectos importantes a ter en conta nos obxetos móviles.
Distancia e velocidade de obxetos móviles.
Tempo de exposición idoneo e fotografíar o movemento de distintos motivos: Estrelas, persoas, etc.

- Fotografía urbana nocturna:
Aprenderemos a sacar fotos con baixa iluminación nos 3 casos principalmente nos que nos atopamos con estas condicións nas cidades:
Fotografiar monumentos ou obxetos iluminados
Fotografiar luces de tráfico
Fotografía de vida nocturna

- Introducción a astrofografía:
Estrelas fixas e circumpolares.

- Introducción a edición e retoque fotográfico:
Elementos específicos para a fotografía nocturna.

DOCENTE:
Víctor Barro fotografía utilizando el pseudónimo de FOTOSconLETRA para ofrecer imágenes realistas e intensas. Que transmiten la forma de vida de personas comprometidas, que dan todo por aquello que creen que vale la pena. Imágenes al límite tomadas en cualquier situación y en cualquier lugar del planeta.
El esfuerzo hasta el límite es el hilo conductor de su fotografía. La tensión y el dinamismo, el compromiso, la vitalidad y la pasión es lo que buscan organizaciones sociales, ONG's, publicaciones, photostocks, editoriales y revistas específicas así como empresas que contratan sus servicios, financian y apoyan sus proyectos o solicitan sus imágenes.
www.fotosconletra.com

DESTINATARIOS
Público en xeral, pero se tivera que poñer un perfil sería:
- Persoas interesadas pola arte e en particular pola fotografía como expresión artística.
- Persoas que dispoñan dunha cámara reflex (ou similar) e coñecementos informáticos de nivel medio.
- Persoas orientadas ao sector da comunicación, turismo, deseño, blogers, redes sociais que poidan atopar na fotografía nocturna un espacio de mellora cualitativa para a súa afición ou negocio.

NECESIDADES
As participantes deberán aportar unha cámara fotográfica (preferentemente que permita manexo manual ou semimanual) e trípode. Disparador opcional.
Tamén aportarán un ordenador con Adobe Photoshop instalado.

SHARE THIS