FUN FUN FUN!

O MOVIDOTE DE AUTOEDICIÓN DE COMPOSTELA VOLVE VOLVER!

Os días 15 e 16 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N) terá lugar a terceira edición do FUN FUN FUN.
De novo, queremos abrir o noso MERCADO DE AUTOEDICIÓN (día 16, de 12.00 a 23.00) a toda esa xente que naceu cunha flor no cú e mans inquedas. Buscamos papeis manchados e impresións xeitosas. Cousas escritas, cousas debuxadas e cousas nun incómodo lugar intermedio sen definición posible.
E como no FUNFUNFUN entendemos que a autoedición non morre no papel, imos deixar tamén un espazo para a vosa música, a vosa roupiña, as vosas galletas, os vosos extraños xogos independientes e as vosas taciñas!
Be water.
Be multimedia.
El sielo es el límite, weis!
—-
BASES:
Para solicitar sitio no MERCADO DE AUTOEDICIÓN, mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor adxuntade a seguinte información:
1- O nome de participante, participantes ou colectivo.
2- Unha descripción da vosa proposta, de non máis de 2 liñas.
3- Unha foto en boa calidade do material que queirades traer. No caso de non poderse facer unha foto por non estar o material dispoñible, dádenos, por favor, unha estimación o máis axustada posible do espacio que se ocuparía.
4- Un link a algún lugar da red de redes donde se poida observar o voso traballo, se é que existe.
A convocatoria estará aberta ata o día 15 DE NOVEMBRO, data na que anunciaremos de forma oficial ás persoas e colectivos participantes.
—-
Bicos per tutti   
-FUN FUN FUN Headquarters.