INTRODUCIÓN Á CRÍTICA DE SERIES DE TELEVISIÓN

De cylons, showrunners e binge-whatching: Introdución á crítica de series de televisión
Impartido por: Rebeca Sánchez
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 12
Cota de inscrición: 80 €
Datas: 21 e 22 de outubro de 2017
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 20 de outubro
INSCRICIÓNS: envianos un correo cos teus datos (NOME, TEL, DNI) e o nome do obradoiro a: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Desde I Love Lucy a Game of Thrones pasando por Twin Peaks e Doctor Who, aprenderemos a coñecer mellor como funcionan as ficcións televisivas, cales son os seus recursos e técnicas narrativas, como se constrúen as personaxes e que significan conceptos como cliffhanger, backdoor pilot ou backlash. Analizaremos textos, escenas e capítulos para aprender como funcionan as series de televisión. O curso está dirixo a persoas interesadas en facer crítica televisiva pero tamén está aberto a aqueles que aman as series aínda que non se adican profesionalmente a súa análise.

PROGRAMA
1. Introdución. Marco contextual e achegamento ó escenario actual.
– Historia da ficción televisiva norteamericana
– Introdución á linguaxe televisiva
– A importancia do showrunner
– A irrupción do modelo Netflix
– Tendencias e estilos actuais na ficción serializada
2. É imposible visionalo todo
– A era do Peak TV
– As series e autores máis importantes da televisión
– A influencia dos clásicos na televisión actual: De I Love Lucy a American Gods
3. Cuestións sobre a temática e o formato
– Os dous piares fundamentais: drama e comedia.
– Un pouco de variedade: A animación. O documental. A miniserie. A antoloxía. O late-night.
– A narrativa transmedia
– Novas formas de visionado. Os efectos do bingewhatching
4. A análise da narrativa episódica
– As temporadas e a construción do relato de fondo. Análise da primeira temporada de The Wire.
– A crítica episódica, o recap. O piloto de Game of Thrones.
– Novas problemáticas: a sobre análise, o hype, a inmediatez,.
5. As personaxes
– A construción das personaxes televisivas. Unha mirada a Buffy Summers e Don Draper.
– A importancia de Tony Soprano e Walter White
– A conquista feminina da pequena pantalla.
– Un reparto multirracial: a diversidade e a representatividade. O exemplo de Grey’s Anatomy.
6. O gran debate. O spoiler
7 Non todo é Estados Unidos.
– As series europeas. Reino Unido. Francia. Italia. Os países nórdicos. España.
– Unha ollada a América do Sur.
8. De que quero falar cando falo de series
– Os temas e o formato (blog, podcast, YouTube)
– Aprendendo dos grandes: a quen ler e a quen seguir
– Trucos para escribir tódolos días
– Lectura lixeira

DOCENTE: Rebeca Sánchez
Xornalista (USC). Máster en Sociedade da Información e Márketing Territorial. Ciclo superior de animación sociocultural e diversos cursos, seminarios e foros de comunicación, educación, animación e xestión cultural. Fun responsable do podcast Fundido a Negro na Radio Campusculturae. Colaborei nos blogs TVlia e Alt1040 de Hipertextual centrándome na crítica de series de tv. En Rúas Magazine e Xombit tamén colaborei facendo crítica televisiva e participei na revista dixital Hablemos en Serie. Na revista Pincha(e)Discos e agora en Pincha colaboro co blog Petiscos Catódicos. A maiores, e desde 2006, manteño un blog sobre series de televisión chamado Como un fénix.
LinkedIn
Twitter – @SanchezRebeca_

DESTINATARIOS
Persoas que queren escribir ou xa escriben sobre series de televisión,
amantes das ficcións serializadas, xornalistas e comunicadores.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Apuntes

Xul, 26, 2017

0

SHARE THIS