NUEVA GALICIA

Unitaria acolle a presentación da publicación Nueva Galicia (2017) de Iván Nespereira. O rematar a presentación por parte do autor disfrutaremos da selección sonora selvática a cargo de Bigote Mix e Pablo Electrocute.

Nueva Galicia rexistra os rastros de dous movementos. O da árbore do caucho (hevea brasiliensis), 70000 sementes foron transportadas desde Brasil a Inglaterra polo explorador británico Henry Alexander Wickham a bordo do barco Amazon Ship en 1876, o que permitiu que a especie se expandise por todo o mundo. E o dun grupo de europeos que migran ao Amazonas, atraídos polo auxe económico que xerou a extracción do caucho entre 1850 e 1920, e que botan raíces en diferentes poboacións a beiras do Río Amazonas.

A investigación explora o pasado e os conflitos que xurdiron a partir destes dous movementos, rexistrando xogos de poder, conspiración e traizóns nunha paisaxe concreta. Materia prima e vexetación; azulexos e restos de poboacións que agora son selva; canoas, barcos de vapor e buques mercantes; a selva e a súa representación nun xardín botánico; o río Amazonas e o Océano Atlántico.

Fotografías, mapas, apuntamentos xeográficos, manuais técnicos, manuais de cultivo, informes xeolóxicos, documentos de identificación de migrantes, arquivos familiares e pregos de herbarios.

Xul, 27, 2017

0

SHARE THIS