PORCELANA APLICADA Á XOIERÍA CONTEMPORÁNEA

Impartido por: Trinidad Contreras

Nivel: Iniciación

Duración: 12 horas

Horario: Sábado de 10h a 14h – 16h a 20h / Domingo de 10h a 14h

N. º de plazas: 12

Cuota de inscripción: 180€

Fechas: 23 e 24 de setembro, 2017

DATA LÍMITE DE INSCRICCIÓN: 15 de setembro

INSCRICIÓN: Un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

 

DESCRICIÓN

Curso de porcelana creativa de pequeno formato, enfocado á xoieiría contemporánea, a través da realización de molde de escaiola.

PROGRAMA

Ofrecer unha visión básica sobre os moldes de escaiola para coada (slipcasting), aplicacións e solucións técnicas

Coñecer o material, a porcelana e a súa técnica para dar un adecuado acabado da mesma.

Introdución á técnica de slipcasting
Fabricación de moldes
Construción de pezas a partir de moldes, cortar, pegar, texturizar…
Aplicación da cor e acabados para monococción
Proxectar de xeito creativo a porcelana, segundo o desexo de cada alumno

 

DOCENTE:
Trinidad Contreras, estudou Grado Superior en Joyería Artística, tutorizada por Ramón Puig Cuyás, na Escola Massana, Barcelona, desde entón traballa enfocada na porcelana, material predominante nas súas pezas.
Forma parte do colectivo de joyeros Bórax 08001, quenes achegan unha xoiería diferente a todo tipo de público, á marxe dos circuítos das galerías.
Actualmente, participa en numerosas exposicións a nivel internacional, recientemente foi galardonada cun dos premios ArtsFAD 2017, organizado por A-FAD (Artistas e Artesanos de Fomento da Arte e do Deseño), en Barcelona.

http://menudadeplata.blogspot.com.es

DESTINATARIOS
Taller destinado a todos aqueles que estean interesados na porcelana creativa de pequeno formato, desde unha xoia, ata o obxecto, pasando por pezas decorativas.

NECESIDADES DO ALUMNO
O alumno debe traer un prototipo (propostas orixinais, cada alumno), con forma sinxela (as orgánicas adoitan ser moi complexas para empezar, prohibido as semillitas)  Si é de plástico xenial. E que non superen os 5cm x 5cm aprox. Roupa cómoda e un delantal.

Xul, 27, 2017

0

SHARE THIS