BRUSHPEN

Impartido por: Iván Caíña
Nivel: Iniciación
Duración: 8h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 4 ou 5 de novembro de 2017

INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Introducirémonos no mundo da Caligrafía con BrushPen con Tombow dun xeito sinxelo para acabar o curso escribindo os nosos propios textos con soltura.

PROGRAMA
O programa deste obradoiro está deseñado para introducir ao/á alumn* na arte da Caligrafía.

Traballarase con rotuladores BrushPen da marca Tombow

Comezaremos explicando brevemente cales son os materiais básicos, máis importantes utilizados na caligrafía e centrarémonos nos que vaiamos utilizar no obradoiro.

A parte práctica iniciarémola cos movementos básicos para controlar o pincel para que posteriormente sexa mais sinxelo escribir.

Cada módulo iniciarase con exercicios de liñas específicas para cada grupo de letras minúsculas.

Traballaremos as mayúsculas de forma breve posto que non requiren de tanta técnica senón de mais expresividade no trazo.

Para rematar pasaremos a practicar todo o apreso escribindo moito, aprendendo a ligar letras para formar palabras e poder así escribir textos de xeito fluído.

DOCENTE: Iván Caíña
Son diseñador gráfico, residente en Madrid e especializado en Caligrafía e Lettering.

Ao longo destes anos hei ir realizando encargos para clientes tan diversos como Barceló, The Hundreds, Calvin Klein, Cacharel, Amarna Miller, Samsung, T Magazine…, así como varias reportaxes en publicacións sobre arte, deseño e tendencias.

Instagram – @ivan_caina
Facebook – Iván Caíña Lettering
Web ivancaina.com

DESTINATARIOS
Para todas as idades

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todo o material necesario está incluído e os alumnos poderanllo levar a casa; Rotuladores Tombow, papel, apuntes, cartafol.
1 Fudenosuke
2 Dual Brush

NECESIDADES
Moitas ganas de escribir!! Todo o material está incluído, se queres podes traer outro material de caligrafía para botarlle un ollo.

INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

 

Set, 12, 2017

0

SHARE THIS