DEREITOS E OBRIGAS LEGAIS NO SECTOR CULTURAL

Avogado? avogadooo…

DEREITOS E OBRIGAS LEGAIS NO SECTOR CULTURAL

Impartido por: Ania González

Nivel: Iniciación

Duración: 8h

Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h

N.º de prazas: 16

Cuota de inscrición: 80 €

Datas: Sabado 4 de Novembro

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: domingo 29 de outubro

 

INSCRICIÓN: QUERO FACER ESTE OBRADOIRO

 

DESCRICIÓN

Todo o que sempre quixeches saber sobre os dereitos e as obrigas legais da túa actividade profesional en arte, música,, produción ou xestión cultural e nunca te atreviches a preguntar.

PROGRAMA

1º sesión:

  • Nocións básicas sobre asesoramento xurídico no sector cultural.
  • Propiedade Intelectual, realidade ou fantaciencia.
  • As miñas obrigas fiscais:
    • Facturación
    • Facenda (Trámites, Oficina electrónica, IAE, Renta, IVE…)
    • Seguridade Social (Réxime xeral e especial de autónomas)

2º sesión:

  • Os meus contratos (aluguer, prestación de servizos, compraventa, colaboración, depósito de obra, cesión de dereitos de explotación, reprodución e distribución de obra…)
  • Relacións coa Aministración Pública
  • Relacións con Institucións do Común (asociacións, colectivos, cooperativas, sociedades secretas…)
  • Creación cultural e desobediencia civil

O obradoiro baséase na construción colectiva de coñecemento polo que durante as sesións haberá espacio para o debate, a resolución de casos prácticos e o intercambio de experiencias.

DOCENTE: Ania González Castiñeira

Avogada e crítica cultural. Máster en Avogacía. Especialista en Teoría Crítica, Estudos Museísticos e Feminismos. Investigadora en programas de nova institucionalidade. Colaboradora en Praza Pública e Babelia-El País.

www.lysisundkritik.wordpress.com

DESTINATARIAS

Todas aquelas persoas que desenvolven unha actividade profesional no sector cultural por conta propia interesadas en coñecer a normativa, as obrigas, dereitos, ferramentas de negociación e relacións xurídicas que as afectan.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Bibliografía, modelos de contratos, directorios de asesoramento e vale desconto dun 50% na túa primeira consulta no despacho xurídico Joaquín R. P. Caamaño abogados .

NECESIDADES

Portátil ou dispositivo con conexión a Internet (1 mínimo por cada tres alumnas)

 

INSCRICIÓN: QUERO FACER ESTE OBRADOIRO

Set, 20, 2017

0

SHARE THIS