THE ROCKY HORROR PICTURE SHOW

Ven a flipar de esta obra cinematográfica, un festiche, tod*s disfrazados, co kit esencial para ver esta cousa, explicaremos as regras de participación, e a bailar e a cantar!!

The Rocky Horror Picture Show é unha comedia musical de 1975 que parodia as películas de horror e ciencia ficción. Cun guión de Richard O’Brien e Jim Sharman, está protagonizada por Tim CurrySusan Sarandon e Barry Bostwick. A película está baseada na montaxe musical británica The Rocky Horror Show.

A película está considerada un clásico de culto e unha película de sesión de noite, pero é coñecida mundialmente por amplas audiencias, e ten un gran seguimento. RHPS foi a primeiro película dun estudio maior (20th Century-Fox) no mercado da sesión de noite. Aínda que a película é moi popular, os críticos falan da falta de liña argumental, o estilo animado e a natureza demasiado sexual da película como algúns dos seus maiores erros. Con todo, a película é unha das películas de sesión de noite máis coñecidas e rentabilizadas. É a adaptación teatral máis proxectada na historia do cine. Máis de 30 anos despois segue a ser proxectada en salas de todo o mundo. En decembro de 2005 James H. Billington, o bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos, seleccionou The Rocky Horror Picture Show para ser preservada no “National Film Registry“, unha colección de só 450 películas (en 2006).

SE ESTÁS INTERSAD* EN ACTUAR DURANTE A PELI, MANDA UN CORREO A queroaprender@escolaunitaria.com CO ASUNTO “Frank-N-Furter”

Set, 27, 2017

  Eventos

0

SHARE THIS