ILLUSTRATOR

Impartido por: Fernando Lema
Nivel: Iniciación
Duración: 36h
Horario: 3h semanais (MÉRCORES POLAS TARDES)
N.º de prazas: 10
Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes)
Datas: do 10 de xaneiro ao 28 de marzo de 2018

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Traballo con vectores e moito máis, coa ferramenta líder do mercado da ilustración ADOBE ILLUSTRATOR: coñecemento da interface do programa, as ferramentas de traballo, as súas posibilidades en canto a debuxo vectorial e ilustración, cor, pintura, selección de obxectos e modificación dos mesmos, importar e exportar arquivos, traballar con texto, efectos especiais e impresión…

PROGRAMA
INTRODUCIÓN
Imos ver os elementos básicos do espazo de traballo e as preferencias, antes de comezar a traballar con Adobe Illustrator

Pantalla de Benvida
Mapa de Bips e vectores
Menús
Preferencias

ESPAZO DE TRABALLO
Coñecer os elementos básicos do espazo de traballo permítenos aforrar tempo para poñernos ao choio canto antes

Espazo de traballo
Atallos de teclado
Menús contextuales
Documento novo
Axustes de Documento
Zoom e navegacion polo documento
Guías
Cuadrícula

DEBUXO CON FORMAS BÁSICAS, PLUMA BEZIER E PINCEIS
Coas ferramentas de debuxo básicas podemos levar a cabo tamén moitos traballos avanzados

Ferramentas básicas de debuxo
Edición de formas básicas
Ferramentas de Selección
Seleccionar e transformar obxectos
Debuxo con formas básicas
Debuxo coa pluma bézier
Buscatrazos
Ferramenta Pincel
Tipos de pinceis
Pincel Caligráfico
Pincel de Dispersión
Pincel de Arte
Pincel de Motivo
Pincel de Manchas
Panel de Aparencia

COR; DEGRADADOS E TRANSPARENCIAS
Xunto co traballo coas formas, a aplicación da cor é a base de todas as nosas ilustracións

Teoría da Cor
Panel de Mostras
Modos de Fusión e Transparencia
Panel Degradado e Ferramenta Degradado (agasallo)
Máscaras de Opacidade

IMAXES, MÁSCARAS E CAPAS
Aínda que Adobe Illustrator é un programa vectorial, tamén podemos incorporar imaxes creadas noutras aplicacións

Colocar imaxes
Máscaras de recorte
Rasterizar vectores
Paleta Capas

TRANSFORMACIÓN DE ELEMENTOS
Escalado, rotación, transformación, en definitiva, transformación e alteración dos nosos obxectos

Escalar Obxectos e trazados
Rotar e Reflexo
Transformación libre
Ferramentas de Deformación Líquida

Panel Aliñar
Promediar Puntos de Áncora
Símbolos e Panel de Símbolos
Ferramenta Malla
Ferramenta Fusión
Motivos Regulares
Motivos Irregulares
Calco Manual
Calco Interactivo
Xiro 3D
Extrusión e Biselado 3D
Rotar obxectos 3D

TEXTO
O uso do texto non é o primeiro que nos vén á cabeza ao falar de Adobe Illustrator CS4, pero é un elemento fundamental no traballo diario con esta aplicación

Traballo con Texto
Menú Texto
Panel Carácter
Texto de Área
Panel Parágrafo e Tabuladores

EXPORTAR, GARDAR E IMPRIMIR
Unha vez terminado o noso traballo, é a hora de gardalo ou compartilo

Exportar Arquivos
Gardar Arquivos
Imprimir

DOCENTE: Fernando Lema
Diplomado en Artes Visuais e Comunicación, Master en Deseño Gráfico Publicitario, empeza a traballar como deseñador gráfico en 1999. Do 2000 ao 2002 é fundador e director creativo de “a ref.erencia”. De ahí en adiante, traballará como “freelance” para clientes privados e públicos, compaxinando diferentes proxectos persoais, como “Camisetas de Once Varas”, deseñando imaxes meteorolóxicas para produtos textiles e complementos.

En 2006 abre “Zürich-SCQ”, un espazo de venda de roupa e galería de arte para artistas noveles en Santiago de Compostela, proxecto que leva premios de escaparatismo e de innovación e comercio. Tamén é profesor de Illustrator para profesionais do sector das artes gráficas de Galicia.

Como hobby, no 2007, monta xunto cun puñado de seres inquedos “SENUNPESO”, unha asociación para a creación de cortometrajes experimentais e formación audiovisual.

Beta-Tester e moderador do “Community Help” para “Adobe Systems” con Illustrator de 2008 a 2011. Profesor na “Academia Postal “ de Adobe Illustrator (2008-2009)

Leva o deseño gráfico, gravación, edición de vídeo e redes sociais de “Culturactiva” de 2010 a 2014.

E dende maio do 2015 é socio fundador de “Unitaria”, un espazo multidisciplinar e colaborativo xestionado pola “Asociación de Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale”, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento de accións formativas destinadas a profesionais.

DESTINATARIOS
A todas as persoas interesadas en aprender a usar as ferramentas vectoriais ou mellorar á súa técnica.

NECESIDADES
Necesario traer portátil con Adobe Illustrator instalado.

 

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

SHARE THIS