ELECTROFORMING APLICADO Á XOIERÍA

Impartido por: Gastón Rois

Nivel: Iniciación

Duración: 16h

Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h

N.º de prazas: 16

Cuota de inscrición: 230 €

Datas: 3 e 4 de marzo de 2018

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: venres 23 de Febreiro de 2018

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

 

DESCRICIÓN

O electroforming deposita unha capa de metal sobre todo tipo de elementos, para crear un recubrimiento total ou parcial, ofrecéndonos con iso a posibilidade de crear formas tridimensionales, ocas e lixeiras, que non podemos conseguir con outras técnicas. A aplicación desta técnica en xoiería abre un inmenso campo de posibilidades creativas.

PROGRAMA

-Explicaremos brevemente o concepto xeral do electroforming

-Falaremos sobre como deberían ser os camiños correctos na realización das pezas; para obter un bo resultado. Exploraremos así, o abanico de posibilidades creativas da mesma.

-Aprenderemos a utilizar e configurar un kit básico para electroformar pezas de xoiería.

-Pasaremos a coñecer o procedemento da técnica paso a paso, realizando así unha experiencia no taller, que nos mostre como é todo o proceso e procedemento do electroformado.

-Os participantes durante o curso, realizarán pezas en diferentes materiais e formas, experimentando así, as posibilidades e camiños da xoia que nos ofrece a técnica.

-Veremos tamén das posibilidades de acabado das pezas para convertelas en xoias.

-Durante o taller, tambien faremos un exercicio de gravado electrilitico, e aprenderan asi a utilizar o mesmo equipamiento para realizar gravados.

DOCENTE: Gastón Rois

1975, Bos Aires. Arxentina.

Considero a vida como un xogo, o lúdico está presente neste proxecto en todo momento. Internamente o meu proceso creativo correspóndese cos camiños que andei na miña vida, o movemento que xero dun lugar a outro se converte en enerxía creativa. É a evolución dun camiño que se foi gestando para chegar a unha orde e unha calma, partindo desde a incerteza e o caos ao longo dun proceso persoal evolutivo. Baséase nun proceso de análise no cal intento silenciar os meus pensamentos e levar a miña conciencia do modo racional ao intuitivo, deixándome levar polas emocións, sentimentos, os recordos, e os desexos e a incerteza de coñecer. Coa miña obra busco o xeito de entenderme e responderme, modelar os meus pensamentos e inquietudes.

Considero a miña obra, como unha metáfora do que é a vida para min, un xogo.

DESTINATARIOS

A todo aquela persoa con unha inquietude artística e de creación, con ganas de ampliar o campo de actuación para obter novos camiños e/ou xoieiras que queiran enriquecer as posibilidades de creación e investigación.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

EXISTE A POSIBILIDADE DE QUEDARTE CO TEU KIT DE ELECTROFORMADO PAGANDO 60 EUROS MÁIS SOBRE O PREZO DE MATRÍCULA

NECESIDADES

Podedes traer todo o que vos gustaría converter en metal (como obxectos orgánicos, follas, ramas, conchas ou plásticos, ou ben calquera material que non sexa metálico, os materiais organicos deben de estar secos) todo é posible….

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

Nov, 02, 2017

0

SHARE THIS