DEREITOS E OBRIGAS NO SECTOR CULTURAL

Impartido por: Ania González

Nivel: Iniciación

Duración: 8h

Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h

N.º de prazas: 16

Cuota de inscrición: 80 €

Datas: Sabado 20 de xaneiro 2018

 

 

INSCRICIÓN: QUERO FACER ESTE OBRADOIRO

 

DESCRICIÓN

Todo o que sempre quixeches saber sobre os teus dereitos e obrigas como traballadora cultural e nunca te atreviches a preguntar.

PROGRAMA
10:00 a 14:00
Dereito e cultura
Dereito de acceso á cultura
O dereito como ferramenta de tranformación no sector cultural

Dereitos de autoría
Propiedade Intelectual: copyright, copyleft e creative commons
Cesión de dereitos: obrigas legais e contractuais
Entidades de xestión colectiva de dereitos
Eu promotora, eu representante, eu artista, eu técnica

16:00 a 20:00

Traballadoras e empresarias culturais
Réxime laboral e réxime mercanti
Réxime fiscal: IRPF, IAE, IVE. IS
Eu asociación, eu cooperativa, eu sociedade mercantil

Relacións Institucionais
Subvencións , concursos públicos e convenios marco
Premio, beca ou honorarios
Coxestión cidadá de espazos públicos
O que ven: Anteproxecto de Lei de Espectáculos Públicos e actividades recreativas de Galicia

 

O obradoiro baséase na construción colectiva de coñecemento polo que durante as sesións haberá espacio para o debate, a resolución de casos prácticos e o intercambio de experiencias.

DOCENTE: Ania González Castiñeira.

Avogada e crítica cultural. Máster en Avogacía. Especialista en Teoría Crítica, Estudos Museísticos e Feminismos. Investigadora en programas de nova institucionalidade. Colaboradora en Praza Pública e Babelia-El País.
www.lysisundkritik.wordpress.com

DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas que desenvolven unha actividade profesional no sector cultural interesadas en coñecer a normativa, as obrigas, dereitos, ferramentas de negociación e relacións xurídicas que as afectan.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Bibliografía

NECESIDADES

Portátil ou dispositivo con conexión a Internet (1 mínimo por cada tres alumnas)

 

INSCRICIÓN: QUERO FACER ESTE OBRADOIRO

Dec, 01, 2017

0

SHARE THIS