IMPRO TEATRAL

Impartido por: Dani Blanco
Nivel: Iniciación
Duración: 8 horas
Horario: de 10:00h. a 14:00h. e de 16:00h a 20:00h
N.º de prazas: 16
Cuota de inscrición: 45€
Datas: Sábado 7 de abril de 2018

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Iniciación a Improvisación teatral. A Impro: Unha displina das artes escénicas na que aprendemos a crear historias no momento, unha ferramenta de traballo creativo e como xénero puxante en tódalas disciplinas artísticas. Este obradoiro está enfocado a familiarizarse coa técnica básica da impro, aceptación, escoita, creación de personaxes, instantáneos, crear espazos.
Xogar é o verbo que máis imos a utilizar. Ven e salta á impro.

PROGRAMA
Traballo de grupo. 2 horas
Escoita de grupo a través de exercicios corporais.
Ritmo escénico.
Conciencia corporal.
Definir o espazo. Traballo de mimo e xogo físico.

Personaxes 1,30 horas
Diferentes fórmulas para crear personaxes.

A verva 1,30 horas
Exercicos onde se traballa a fluidez e rapidez da palabra, xogos de palabras, e combinacións.

PROL- 3 horas
Posta en escena da fórmula principal da imro: Persoaxe, Relación, Obxetivo e Lugar.
Traballo de escenas mediante xogos teatrales.

DOCENTES: Dani Blanco
Dani é clown e ten formación no circo e tamén navega na pedagoxía artística.

DESTINATARIOS
Curso dirixido ás persoas interesadas en achegarse á improvisación, que queiran descubrir esta técnica, teñan ou non experiencia no ámbito artístico. Maiores de 18 ata os 101.

NECESIDADES
Deberás traer roupa cómoda, moitas ganas de participar e deixar a vergoña fora na porta da entrada.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

 

Xan, 10, 2018

 

0

SHARE THIS