PREMIOS DARWIN

Premios Darwin“, espectáculo en xira no último ano (recoñecido co premio a  Mellor Comedia por Hipócrita Teatro), é o resultado da recolleita de historias arredor da morte ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras. Coa excusa dunha entrega de premios, na que o galardón será unha gadaña, Carmen Conde vainos achegar un dos tabús, asi coma unha das tradicións, de máis fondo arraigo na nosa terra. Cada candidato será unha excusa para contar un relato do humor máis negro e máis real. ADN galego. Aínda que desta volta a categoría “Mellor Morte Estranxeira” vén tinguida de sabor latino. Tras meses lendo os diarios de América Latina, semella que Carmen atopou candidaturas interesantes…
Escenografía: Bieito Miranda
Deseño corporativo: Marta Castro
Audiovisuais: Xabier Piñeiro/Melina Gómez (Buenos Aires)
Técnico: Nuno André Novo

SHARE THIS