PRODUCIÓN PROFESIONAL DA VOZ E GUITARRA ACÚSTICA E ELÉCTRICA

Impartido por: Michel Martín
Nivel: Para todos os públicos
Duración: 8+8 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h ambas xornadas
N.º de prazas: 18
Cota de inscricción: un día 100€, os dous días 160€
Datas: 28 e 29 de Abril de 2018
DATA LÍMITE DE INSCRICCIÓN: 25 de Abril de 2018

QUERO FACER OS DOUS SEMINARIOS!!

SÓ QUERO FACER O SEMINARIO DE VOZ!!

SÓ QUERO FACER O SEMINARIO DE GUITARRA!!

 

DESCRICIÓN
O obxectivo deste seminario de dous días é transmitir aos asistentes os procesos e os trucos de grabación e produción da voz e da guitarra acústica e eléctrica dun modo absolutamente profesional, ambos adoitan ser protagonistas en multiples producións de calidade e é por iso que os deberemos tratar dun modo moi especial.

PROGRAMA

Día 1. Seminario sobre a Produción da Voz

-Abanico de trucos de produción para unha gravación profesional en función do estilo musical.
-Selección de micrófonos en función de distintas variables: emisión, tesitura e interpretación.
-Selección de previos microfónicos e emparellamento co micrófono máis adecuado.
-Trucos coa impedancia de entrada.
-Colocación do micrófono ante a fonte, en función das diferentes circunstancias interpretativas.
-Diversidad de trucos xogando cos patróns polares coas distancias e cos ángulos.
-A cadea de sinal para unha gravación profesional.
-Como producir unha voz sen Autotune.
-Como sacar o máximo partido á interpretación dun/dunha cantante.
-Exemplo práctico de Produción da voz.
-Rogos e preguntas.

Día 2. Seminario de Produción da guitarra eléctrica e acústica. 

-Abanico de trucos de Produción para unha grabación profesional en función do estilo musical.
-Selección de micrófonos en función de distintas variables: intensidade, timbre e disposición espacial na imaxe estéreo.
-Selección de previos microfónicos e emparejamiento co micrófono máis adecuado para guitarra española, acustica ou eléctrica extensible a outros instrumentos de corda pulsada.
-Trucos coa impedancia de entrada.
-Reamping.
-Colocación do micrófono ante a fonte en función das diferentes circunstancias interpretativas.
-Diversidad de trucos en toma xogando cos patróns polares, coas distancias, cos ángulos coa relación entre os distintos sinais posibles na cadea do instrumento.
-A cadea de sinal para unha gravación profesional.
-Como producir unha guitarra para obter un só espectacular.
-Como sacar o máximo partido á interpretación dun/dunha guitarrista.
-Exemplo práctico de Produción da guitarra.
-Rogos e preguntas.

DOCENTE: 
Michel Martín é un gran profesional do son cunha extensa carreira de máis de 37 anos como Productor Musical e Enxeñeiro de Son, traballou con multitude de artistas galardoados en deceas de ocasións cos premios Grammy, diplomado por UPV e con máis de 20 anos de experiencia como professor en diferentes escolas e universidades como SAE Institute, CEV, CICE, UPM, UJC..

CV Michel Martín

Facebook: A Suite de Mestura de Michel Martín,
Twitter: michelmartin65

DESTINATARIOS
Afeccionados á música ou o son, músicos, productores de calquera nivel posible, explícase para calquera mente que estea aberta a derribar prexuicios sonoros, para xente de 9 a 99 anos.

MATERIAL INCLUÍDO NO TALLER
Realizarase un envio de material en pdf e en wav sobre o produto dos exemplos realizados nas dúas xornadas a todos os asistentes do seminario.

NECESIDADES
Os oídos ben limpos, papel e lapis.

 

QUERO FACER OS DOUS SEMINARIOS!!

SÓ QUERO FACER O SEMINARIO DE VOZ!!

SÓ QUERO FACER O SEMINARIO DE GUITARRA!!

Xan, 29, 2018

0

SHARE THIS