PHOTOSHOP: CREANDO UNHA CAMPAÑA PUBLICITARIA

Impartido por: Iñaki Quenerapú
Nivel: Avanzado
Duración: 24h
Horario: 3h semanais (LUNS POLAS TARDES de 16:30h a 19:30h)
N.º de prazas: 10
Cuota de inscrición: 180 €
Datas: do 7 de MAIO ao 25 de xuño de 2018

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO

 

DESCRICIÓN
Para tod*s aqueles que xa traballan co Photoshop usando capas e canais con comodidade e que teñen habilidade para facer seleccións precisas.

PROGRAMA
O longo das 8 semanas planificaremos e construiremos en equipo unha campaña publicitaria usando Photoshop como ferramenta principal: elementos promocionais para prensa e revistas, cartelería, valados, diapos para proxectar na presentación pública, banners, imaxes para o sitio web, para redes sociais, pequenas animacións, etc.

DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Evanxelizador dixital e profesor de tecnoloxía para a educación. Traballou en varias axencias de publicidade durante 15 anos. Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.

Web: boaidea.gal
Twitter/Instagram/Youtube: @quenerapu
Facebook: /quenerapu

DESTINATARIOS
– Xente con ganas de avanzar co Photoshop cara o mundo da publicidade.

NECESIDADES
Un portátil con rato e con Adobe Photoshop instalado. Experiencia previa traballando con capas, canais e seleccións.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO

 

Mar, 07, 2018

0

SHARE THIS