FOTOLIBRO

Impartido por: VERÓNICA FIEIRAS
Nivel: MEDIO
Duración: 16 HORAS (sábado e domingo 8 horas cada dia)
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 16
Cota de inscripción: 120€
Datas: 22 e 23 de Setembro de 2018
DATA LÍMITE DE INSCRICCIÓN: 10 de Setembro

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Neste obradoiro compartiranse os procesos que teñen que ver coa creación, materialización e difusión dun fotolibro dentro do mercado actual, especialmente cando non se teñen grandes orzamentos. Facer un fotolibro hoxe é relativamente fácil, que funcione non tanto. Por iso é necesario que materiais, forma, concepto, ritmo e narración, formen un todo coherente que comunique a natureza de cada proxecto.

PROGRAMA
DIA 1 (8 horas)
-Presentación de proxectos por parte dos participantes.
-Análise, intercambio e debate en torno a cada proxecto.
-Exercicios de escritura e conceptualización.
-Exemplos de libros e os seus correspondentes procesos de principio a fin.
-Ferramentas para pensar na forma libro: elementos e exemplos.

DIA 2 (8 horas)
-Primeira edición individual e participativa.
-Inmersión persoal guiada con exercicios e traballo individual tutorizado
-Posta en páxina, estrutura, secuenciación e edición final.
-Título. Portada. Materiais. Textos. Confección da maqueta.
-Presentación das maquetas por parte dos participantes.
-Confección de maquetas.

DOCENTE: Verónica Fieiras (Arxentina)
É editora, artista visual e profesora de fotografía. En 2013 co-funda RIOT BOOKS. En 2015 edita e deseña o libro You Haven´t Seen Their Faces de Daniel Mayrit (Premio Aperture-Paris Photo). En 2016 funda a editorial CHACO, coa intención de xerar redes entre Europa e Latinoamérica.

DESTINATARIOS
Destinado a fotógrafos ou artistas visuales cun proxecto ou unha primeira maqueta. Non importa o tipo de proxecto, pero si que se atope nunha fase avanzada. Espéranse alumnos con gran capacidade de traballo aos longo de 2 días e dispostos a superarse e avanzar.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Exemplos de publicacións, materia visual.

NECESIDADES
Portátil, libreta e boli. Selección de 15 a 20 imaxes representativas do seu proxecto, impresas en papel normal. Selección máis ampla dun máximo de 60 imaxes impresas en papel normal (non fotográfico) e recortadas a tamaño 10cm x 15cm.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

SHARE THIS