O OLLO VAGO

Impartido por: María Meijide

Nivel: Iniciación

Duración: 12H

Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h o sábado e de 10h a 14h o domingo

N.º de prazas: 12

Cuota de inscrición: 85€

Datas: sábado 22 e domingo 23 de setembro 2018

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Curso intensivo de iniciación ao debuxo a partir da mancha, do borrón (algo ao alcance de calquera).
Destinado a xente que non sabe debuxar e que pensa que non pode conseguilo.
Trataremos a visión periférica, o problema fondo-forma e en definitiva a representación figurativa mediante técnicas que nos impidan, de entrada, precisión: grafito en barra, carboncillo con pano, ceras, tintas, etc.
Todo iso sobre soporte de papel de esbozo.

(O curso trata de darlle a volta aos prexuicios visuais cos que nos acercamos as imáxes…e que son os que nos impiden debuxar: canto máis cremos saber acerca do que debuxamos paradóxicamente peor o facemos ! )

PROGRAMA

O Ollo vago; aprende a dibuxar.
(Ou manual eficaz de debuxo para xente que non sabe debuxar)
Por que ollo vago? Porque habitualmente na visión operan unha serie de prexuízos de significado que nos impiden entender e por tanto tamén representar con claridade o que vemos. Por exemplo unha mazá, parécese moito máis visualmente a calquera mancha ou borrón nun papel que ao logotipo de Apple. Así este curso propón unha serie de sesións prácticas nas que se tratarán de sortear estas barreiras do costume, con vistas a gañar acceso a este modo de mirar reflexivo sobre a súa propia acción, capaz de desmontar e tamén de montar calquera imaxe que se propoña.
O curso está dirixido a persoas que apenas saiban debuxar e consistirá fundamentalmente no achegamento ás técnicas de representación abordando desde novas perspectivas a composición da imaxe. Realizaremos debuxo de encaixe invertido, debuxo de mancha con ausencia de liña, debuxo de contorno único, debuxo sen mirar o papel, composicións fondo-forma, etc. Todos estes exercicios teñen como obxectivo desmantelar o prexuízo visual co que habitualmente codificamos a imaxe, e que nos impide tratala como tal; isto é, como unha construción a base de gamas cromáticas carente de carga semántica ata que nós decidamos onde e cando acentuar este significado. Así, a miúdo, cando erramos un debuxo, estamos a engadir significado onde visualmente non o hai, ou o que é o mesmo, debuxando con pre conceptos –ou iconas- que nos ensucian o enfoque da representación. É dicir que canto máis cremos saber acerca do que debuxamos, paradoxalmente, peor o facemos. Por iso é polo que a práxis do taller propón estratexias tanxentes que liberen momentaneamente a nosa percepción deste torrente de crenzas aceptadas: o debuxo ao revés, o debuxo para partir do garabato, etc.

DOCENTE MARÍA MEIJIDE

Video CV en Vimeo
Artista plástica especializada en pintura de grande formato e cadernos de viaxes. Con exposicións nacionais e internacionais en cidades como Arlés, Lalín, Milán, Monforte de Lemos, Zacatecas (México), Sevilla, Compostela, Bruselas, Cambados, Lisboa, Ponferrada, Marsella, etc.

DESTINATARIOS
Xente que non sabe debuxar e que pensa que non pode conseguilo
Publico adulto (dende 12/13 anos)

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Papel de debuxo e pinceis/ lápices de uso non profesional /goma de pan / Tinta / Tiza / papel cartulina negro/ fotocopias

NECESIDADES
Trae lápices/pinceis/blocks.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

Abr, 30, 2018

0

SHARE THIS