EDICIÓN DE VÍDEO

Impartido por:  Luis E. Froiz
Nivel: Iniciación-Medio
Duración: 36h
Horario: 3h semanais de 16:30 A 19:30 (LUNS POLAS TARDES)
N.º de prazas: 14
Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.
Datas: do 17 de SETEMBRO ao 3 de DECEMBRO de 2018

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

 

DESCRICIÓN
Iniciación á edición de video con Premiere Pro CC, os mellores consellos e trucos para ter un video en poucos minutos, con material profesional para que cada clase poidas practicar. Desenvolvemento de proxecto documental/artÌstico persoal

PROGRAMA

Clase 1:
-Introdución · terminoloxía relacionada co vídeo (códecs, formatos, resolucións, fps).
-Base teórica da montaxe.
-Preparación do programa.
-Formulación básica de proxecto documental creativo (cada alumno deberá recompilar/gravar material, facer storyboard, para desenvolver o seu propio video).

Clase 2:
-Presentación da interface do programa.
-Axustes de interface e organización do material.
-Settings.
-Desenvolvemento de cada parte da interface e primeiras probas de importación do material.
-Como arranxar material offline.
-Proxecto persoal: Concept board, ideas, temas a transmitir, como transmitilos, elección de estilo e formato. Presentación de temas en clase.

Clase 3:
-O ritmo da montaxe.
-Creación do primeiro corte. Afinar o corte.
-Chequear e axustar a configuración de audio.
-Cubrir con recursos.
-Engadir m˙sica e facer un balance de audio.
-Proxecto persoal: Realizar o storyboard/escaleta

Clase 4:
-Engadir transicións de imaxe e audio.
-Axustar par·metros de movemento.
-Proxecto persoal: recompilar/gravar material (raccord visual, sonoro)

Clase 5:
-Base teórica do funcionamento da animación.
-Introdución · animación por keyframes.
-Animar un clip usando keyframes.
-Engadir efectos prácticos.
-Proxecto persoal: recompilar/gravar material

Clase 6:
-Engadir efectos a multiples clips, máscaras e trackings.
-Engadir tÌtulos b·sicos e chyrons.
-Engadir créditos en scroll.
-Proxecto persoal: documentaciÛn con textos a incluír/creditos/información escrita

Clase 7:
-Corrección de cor. Que é e exemplos da mesma.
-Corrección de cor.

Clase 8:
-Corrección de cor creativa.
-Exportar a película.
-Resolución de dúbidas e tutoría persoal para desenvolvemento de video propio.

Clase 9:
-Opcións extras de exportación
-Proxecto persoal: ordenar todo o material, importar, creación do primeiro corte.

Clase 10:
-Xornada de traballo propia na que os alumnos aplicasen todo o visto no curso para realizar o seu propio video documental creativo.

Clase 11:
-Consellos e regras de compresión.
-Xornada de traballo. Postproducción de audio de cada proxecto persoal.

Clase 12:
-Xornada de traballo. Postproducción de cor de cada proxecto persoal.
-Export e upload a redes sociais.

DOCENTE: Luis E. Froiz
Especialista en cinema de vangarda con 10 anos de experiencia no audiovisual principalmente como montador, analista e director. Unha boa cantidade de videoclips, curtas e incluso unha longametraxe documental son a base da experiencia, tanto a nivel edición como de postprodución.


https://www.facebook.com/lfroiz
lfroiz@hotmail.com

DESTINATARIAS
Curso dirixido a persoas interesadas en desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para poder editar os seus propios videos, ou dedicarse de xeito profesional a iso. Non fai falta ter coñecementos previos. Apto para todas as idades a partir de 16 anos.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
O nececesario para realizar as clases prácticas (arquivos de video e proxectos de premiere pro cc, coidado porque versións anteriores do premiere non valerán).

NECESIDADES
Deberás asistir co teu ordenador e o programa Premiere pro cc 2015 instalado.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

Mai, 08, 2018

0

SHARE THIS