“O teatro é un anaco de vida” con Verónica Forqué

TÍTULO: O teatro é un anaco de vida”. A ensinanza de Michael Chejov.
Impartido por: Verónica Forqué
Duración: 16 horas
Horario: Venres 14 de 17:00h a 21:00h Sábado 15 e domingo 16 de 15:00h a 21:00h
N.º de prazas: 16
Cuota de inscrición: 240€
Datas: 14, 15 e 16 setembro de 2018

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

Nun curso no que estiven con John Strasberg, aprendín iso, que o teatro é un anaco de vida.
Anos máis tarde descubrín, grazas a José Luís Gómez, co que facía “As cadeiras”, de Ionesco, as técnicas de Michael Chejov, que foron unha auténtica revelación para min.
Gustaríame que fosen unha revelación tamén para vós.
Traballaremos co noso corpo, o noso instrumento, e cos exercicios que creou o mestre Chejov, que foi primeiro actor da compañía do Teatro da Arte, de Moscú, dirixida por Stanislavsky. Michael Chejov era sobrino de Anton, e, ao parecer, un grandísimo actor.
Repartireivos, guiándome polos vosos curriculums, as vosas fotos, e pola miña propia intuición, escenas ou monólogos distintos para cada un. Todos seredes ben recibidos. Non importa a idade nin a experiencia. Todos temos dereito a aprender cousas sobre nós mesmos e a gozar.
Espérovos con alegría.

Verónica Forqué

Pd: Traede roupa cómoda e o vestuario e obxectos que pensedes que vos poidan servir para as vosas escenas.

 

Unitaria VERÓNICA FORQUÉ from Unitaria on Vimeo.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

Xuñ, 27, 2018

0

SHARE THIS