GUITARRA CLÁSICA E ACÚSTICA: AXUSTE AVANZADO

Impartido por: Marcos Domato Fernández
Nivel: Avanzado
Duración: 8h
N.º de prazas: 6
Cuota de inscrición: 60 €

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

DESCRICIÓN
A función deste curso é aprender a construír unha pestana (cejuela) de óso para guitarra clásica ou acústica, aprendendo as diferencias entre cada unha delas. Tamén aprenderemos a construír unha selleta correctamente octavada. Tamén teremos a ocasión de medir de forma sinxela a curvatura do mango da guitarra e a axustar a alma de forma segura, no caso de que o instrumento dispoña dela.
Coñeceremos diferentes tipos de ferramentas para traballar neste tipo de traballos e aprenderemos un xeito de manter limpo e hidratado o diapasón da guitarra.
Practicaremos tamén unha técnica de colocación correcta de cordas que nos permitirá cambialas rápidamente.
Se queda tempo podemos abordar tódalas cuestións e dúbidas fora do programa que podan xurdir, e se as ferramentas das que dispoñamos no obradoiro son suficientes, podemos tamén solucionalas e levalas á práctica.

PROGRAMA
1. Que pasos hai que realizar para obter o material axeitado a partir dun óso de vaca (por razóns de tempo os ósos xa estarán listos para mecanizar, xa que o proceso de preparación pode durar varias semanas).
2. Outros materiais comunmente empregados para fabricar selletas e pestanas. Porque empregamos óso?
3. Como funciona unha pestana de guitarra?
4. Como funciona unha selleta de guitarra?
5. Fabricación de pestana para guitarra clásica e acústica.
6. Fabricación de selleta para guitarra clásica e acústica.
7. Octavación da selleta.
8. Limpeza e hidratado do diapasón.
9. Colocación correcta de cordas.
10. Solución de dúbidas relacionadas.

DOCENTE: Marcos Domato Fernández
Son Marcos Domato, un luthier vigués especializado en instrumentos de corda pulsada e frotada aínda que tamén realizo traballos noutros instrumentos musicais.

https://mdomatoluthier.wordpress.com/

DESTINATARIOS
Dirixido a persoas que xa están acostumadas a facer pequenos axustes nos seus instrumentos pero queren dar un paso máis. NTamén está dirixido a todos aqueles que dispoñan dunha guitarra que non está correctamente axustada e queren afinar ese axuste ao máximo. Asimesmo pode ser un obradoiro moi interesante para aqueles que gustan de traballar coas mans e queren aprender unha habilidade nova.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
O docente porá a disposición dos alumnos as ferramentas necesarias para realizar os traballos (limas de pestana, lapis de carpinteiro, serra, regra, plantillas de medición, soporte para tallar o óso, lixa, pulimento, alicates para cortar as cordas, galgas de medición, disolvente, aceite para diapasón, etc) Aportaranse as pezas de óso para facer as pestanas e as selletas.

NECESIDADES
Unha guitarra clásica ou unha guitarra acústica e un xogo novo de cordas para o instrumento correspondiente. Dúas toallas vellas na que pousar o instrumento para que non se estrague o verniz contra a mesa.

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

Set, 12, 2018

0

SHARE THIS