SALVADOR

SALVADOR
PROYECTO SELECCIONADO POR IBERESCENA 2017
data de estrea: 2 de xuño de 2017, Teatro Ensalle (Vigo, Galicia).
Formato
SALVADOR é un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico e unha video jockey/ manipuladora de obxetos,sobre os movimentos migratorios, as desaparicións e os encontros.
Temática
SALVADOR céntrase na figura dos avós, concretamente na misteriosa figura de Benito Fernandes Meirinho, o avó desaparecido de Borja Fernández,
e no seu impacto na historia recente, a na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos.
Xénero
SALVADOR está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, con especial énfase na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías.

CÍA BORJA FERNÁNDEZ
– Borja Fernández (Salcedo, Pontevedra, 1977) é un creador escénico, actor, director e músico afincado en Santiago de Compostela desde 1995. Licenciado en Historia da Arte pola USC, desde hai 3 anos investiga sobre a memoria familiar como
material para a escena contemporánea.
Intercala os seus proxectos escénicos coa colaboración con outras compañías e artistas doutras disciplinas (Cía. Voadora, Grupo Chévere, Centro dramático Galego…)
– Pertence ao colectivo de música Metamovida, ao grupo de rock Es un Árbol e ao
colectivo de investigación teatral A Berberecheira, xestionado polo Grupo Chévere.
– O seu traballo caractarízase por unha mestura de xéneros e disciplinas artísticas.
– Os temas e detonantes que aparecen sempre nas súas pezas son: a
manipulación, a memoria, a morte, a autobiografía e o humor.

PEZAS ANTERIORES:
2002- Lolamento (Cía. Belmondo)
2002- Sen título (Cía. Arrepentimentos de Padrón)
2004- Jean Paul ( Cía. Belmondo)
2007- Kamikaze (Cía. Pistacatro)
2008- Play (con Uxía Vaello)
2010- Sapiens, Sapiens, Sapiens (Cía. Arrepentimentos de Padrón. Prod. Pistacatro)
2010- Rewind “fantasías en 1987” (con Uxía Vaello)
2013- Barbazul, unha sabotaxe amorosa (Cía Borja Fernández)
2015- Insulto ao Público (con Uxía Vaello)
2017- Salvador (Cía Borja fernández)
2017- Botafogo (Cía. Borja Fernández)

DESTAQUES
Presentou os seus proxectos en festivais internacionais destacando:
Escenas do Cambio (Santiago), Festlip (Río de janeiro), Escena Contemporánea
(Madrid), MIT ( Valongo, Portugal), Finta ( Tondela, Portugal), festival D´Agosto
(Mozambique), Isto Ferve fest. (Teatro Ensalle, Vigo), Festival Alternativa (Sala Nasa,
Santiago), Mov’ s San Simón, Festival Alt (Vigo), Feira de tearo de GAlicia (2004),
entre outros…

EQUIPO ARTÍSTICO
Borja Fernández –
Idea orixinal, interpretación e escritura.
Licenciado en Historia da arte pola USC, dúas veces
nomeado aos premios Maria Casares por mellor música
e mellor actor. Colaborador habitual das Compañías
Chévere e Voadora. Membro do colectivo musical
Metamovida e do grupo de rock Es un Árbol.
Manuel Cortés – coescritor.
Escritura dramática e tradutor do texto ao portugués.
Actor, guionista e creador do grupo Chévere. Recoñecido
autor de teatro en galego, que conta con mais dunha
vintena de textos escritos entre comedia, ficción, letras de
cancións e poesía, a maioría para o grupo Chévere.
Uxía Vaello – Codirectora, deseñadora de vestiario.
Licenciada en danza pola escola Superior de danza de
Lisboa, e en Historia da arte pola USC.
Colaboradora habitual de compañías e artistas como
Voadora, Matrioska Teatro, Pistacatro e Borja
Fernández, gañadora de dous premios María Casares
polo deseños de vestiario de Voadora.
Diego Anido – Asistencia dramatúrxica
Colaborador habitual das compañías Agrupación Señor
Serrano e Voadora. Traballou con Andrés Corchero
( Cía Raravis) e entre 2005 e 2009 foi residente da
plataforma de creación areaTANGENT (Barcelona)
Laura Iturralde – técnica de luz y vídeo
Manipuladora de obxectos e imaxes e deseño de
iluminación. Licenciada en escenografía e iluminación
pola ESAD de Vigo. Traballa de escenógrafa,
deseñadora de iluminación ou vídeo jockey con
diferentes colectivos e compañías, como Trilitrate, a
Orquestra Metamovida, A Artística ou Il Maquinario,
entre outros.
Cláudio Días – Asistencia artística y linguística
Actor e director, membro fundador da Cía. Lúa Lunera,
Licenciado en Historia por la UFMG (Minas Gerais,
Brasil) e formado polo palacio de teatro profesional de las
Artes/ Cefart (Minas Gerais), Brasil.

toda a información, links a prensa, críticas do espectáculo, entrevistas:
https://www.borjafernandez.es/salvador/
contacto:
Borja Fernández
tlf.655.333.005
borjasalcedo@gmail.com
www.borjafernandez.es

Out, 02, 2018

0

SHARE THIS