EXPRESIÓN DRAMÁTICA

Impartido por: Sandra Lesta
Nivel: Iniciación
Duración: 2 horas semanais
Horario: Luns de 18 a 20h
Nº de prazas: min. 6 max 15
Cuota de inscrición: 35€/mes
Datas: de Xaneiro a Xuño de 2019

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Entraremos en contacto ca expresión dramática desde a creación individual e colectiva co obxectivo principal de aprender e desfrutar do feito teatral.

PROGRAMA
O camiño ó desenrolo libre da creatividade pasa por un maior coñecemento de nós mesmos, pola comprensión do noso corpo como un elemento aglutinador de distintas realidades, emocionais e físicas, e como vehículo de comunicación. No obradoiro proporcionaremos as ferramentas precisas para expulsar esa creatividade fóra a través do feito teatral.
– Improvisación
– Creación de personaxes
– Análise de textos teatrais
– Achegamento á escritura dramática
– Creación de escenas
– Presentacións de traballos abertas a público
E todo o que vaia xurdindo, sen limitarnos

DOCENTE: SANDRA LESTA
Levo 16 anos formando alumnos de tódalas idades en Teatro. Son profesora e directora da Escola Municipal de Teatro de Negreira, autora de obras teatrais coas que recibín diferentes premios nas categoría infantil e xuvenil no Certame Provincial da Coruña e guionista de varios proxectos.
Dirixo varios grupos de teatro aficionado que é onde mellor o paso.

DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas que desexan un achegamento ó código teatral dende a non profesionalidade.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Fotocopias con textos

NECESIDADES
Roupa Cómoda

 

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

Nov, 29, 2018

0

SHARE THIS