NIÑAS DE LA RISA. UN SHOW A COBRO REVERTIDO

Unha chamada a cobro revertido, a priori, non pinta ben. Nadie te chama a cobro revertido para darche unha boa nova! O máis probable é que esa chamada se faga dende a comisaría. Pero o que é seguro, é que che contarán algo que recordarás toda a túa vida!

E se Triana e Sieira son as que chaman tés risa asegurada.

Ángela Triana

Ángela caracterízase polos seus monólogos de humor irónico baseados na vida cotiá. É recoñecida como unha das mellores monologuistas polas voces máis veteranas da profesión en Galicia.

Realizou programas musicais e magazines en Cuac FM durante 10 anos e publicou tres libros (Celebra la Tormenta, Al Sur de lo Real e Cómo convertirse en capitán).

Foi gañadora do 2º premio no I Certamen de comedia de Bitácora Santa Cristina en 2016.

Diana Sieira

É unha todoterreno formada en teatro, canto, danza, cabaret, producción… O seu humor rezuma unha frescura inverosímil para dicir aquelas cousas que moitos pensan pero poucos se atreven.

Leva enriba das tablas dende 2005, e facendo monólogos cómicos dende 2013. Actualmente podemos vela tamén en TVG presentando e dirixindo a sección de circo de Luar.

Foi gañadora do 2º premio no I Certamen de Monólogos de Betanzos en 2015 e finalista no Concurso de Monólogos La Tuerka 2013.

Xuntas

comparten aventuras desde que se coñeceran no Nadal de 2016. A súa química dentro e fóra da escena levounas a formar este dúo de comedia baseado en dous tipos de humor totalmente diferentes e 100% complementarios. Sen aditivos, colorantes nin conservantes. E así, teñen xirado por Coruña, Vigo, Santiago, Rianxo, Pobra, Riveira, Vegadeo, Porriño… Ata presentaron os actos dos caranvales na Coruña para miles de personas!

Aquí podes velas en TV, RADIO e PRENSA

Entrevista TVG “Vivan as Tardes”. Minuto 1.05.30: NDLR TVG

Cómicas convidadas RG “E por que non?”: ÁNGELA RG DIANA RG

Que tamén lles gusta un xornal… NDLR REPORTAXE

Xan, 10, 2019

  Eventos

0

SHARE THIS