PHOTOSHOP

Impartido por: XELA RODRIGUEZ GARCIA
Nivel: Iniciación
Duración: 36h
Horario: de 16:30h a 19:30h os martes
N.º de prazas: 10
Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.
Datas: do 9 de ABRIL ao 25 de XUÑO de 2019

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Aprende a photoshopear dunha vez ho!! tanto Canva… tanto Canva…anda!! pasa pa Unitaria!

PROGRAMA
1. INTRODUCCIÓN: COÑECENDO PHOTOSHOP
– Entorno e espazos de traballo
– Ferramentas fundamentais
– Xestión de documentos
– Bonus Track: usos e abusos do photoshop; a importancia do fluxo de traballo e os queridos atallos de teclado.

2. SELECCIÓNS, TRAZADOS E FORMAS
– Tipos de ferramentas para facer seleccións
– A ferramenta pluma
– Formas, motivos e patróns

3. CAPAS E MÁSCARAS
– Capas: crear, mover, modificar, duplicar, combinar. etc.
– Máscaras: engadir, crear, pintar, máscaras de recorte, etc.

4. ILUMINACIÓN E COR
– Ferramentas e procedementos para correxir cores e tons
– Cambios de cor e efectos especiais
– Traballar as luces e as sombras dunha imaxe
– Procesos: branco e negro e virados

5. TRANSFORMACIÓN E RETOQUE
– Adaptar as imaxes as necesidades que temos: recortar e transformar
– Reparación dunha imaxe: ferramentas e procedementos
* Eliminar obxectos
* Duplicar obxectos
* Reemplazar fondos

6. OUTROS PROCEDEMENTOS DE DESEÑO BÁSICO CON PHOTOSHOP
– Engadir e traballar con texto

7. SAÍDA
– Gardar para…
– Saída para pantallas
– Saída para papel

DOCENTE: Xela Rodríguez aka RGXela
Filóloga, fotógrafa e técnica audiovisual. Comecei traballando en fotografía para diversos medios e axencias galegas ata que aló polo 2010 decidín emprender camiño cun proxecto empresarial de fotografía social, que actualmente compaxino coa labor de docente de fotografía e imaxe audiovisual en diversos cursos e obradoiros.
Mail: rgxela@gmail.com
Linkedin:www.linkedin.com/in/rgxela/
Instagram: instagram.com/rgxela
Twitter: twitter.com/rgxela

DESTINATARIAS
Xente que quere aprender a photoshopear dunha vez.

NECESIDADES
Portátil, a última versión (posible) de Photoshop e un usb de mínimo 16 Gb para os materiais das prácticas.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

 

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

Feb, 07, 2019

0

SHARE THIS