NOITES TEIMUDAS

Descrición:
Noites Teimudas “relato de fracaso para chegar ao éxito” é unha velada que celebra os fracasos de profesionais do sector cultural e creativo ao longo da sua andaina vital e profesional dende a comunicación positiva e o humor.
A idea nace de naturalizar o fracaso en tempos de precariedade laboral, inmediatez e superficialidade nas redes. Nun tempo onde se intentan camuflar os tropezóns e no que todo aparenta ser perfecto e glamuroso, é mais importante que nunca pararse a escoitar testemuñas de profesionais que atoparon moitas pedras no camiño para poder adicarse a súa verdadeira paixon.
Porque, ¿que mellor antídoto que unha terarpia catarártica colectiva celebrando e rindo da realidade da vida?
Programa:
Relatores
Cristina Collazo: Actriz
Benxa Otero: Músico e casi mago
Paula Cabaleiro: Comisaria de arte e xestora cultural
Rubén Prieto: Fotografo, actor e colaborador no Hormiguero
Música a cargo de Zeltia – Irevire
+ Sorpresas!!!
Mais info en: 

Mar, 06, 2019

  Eventos

0

SHARE THIS