Queres ser amiguiñ*?

fadeIn

Ola Amiguiñ* da Unitaria!

Xa saberedes que “Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale” é a asociación que xestiona, organiza, limpa, decora e ás veces baila na Unitaria. Esta asociación constituímola un par de ghillados que decidimos apostar por este espazo e poñelo no mapa. Nin nós mesmos saberiamos definilo correctamente pero sentímolo como a nosa casa e queremos que vós sintades o mesmo. Estamos a punto de cumprir dous aniños, e a verdade, aínda non podemos asimilar todas as sensacións que tivemos neste espacio en tan pouco tempo. Moitas veces pensamos “Jo… non sacaremos un peso pero… me caghondiola, que momentazo!! :__)". E por iso queremos seguir intentándoo.

Xa pasaron por aquí miles de persoas, máis de 240 eventos programados, máis de 550 alumn*s, mestr*s, colaborador*s, poñentes, peña que debuxa, que canta, que actúa, que fai rir, que baila, que fala dun libro ou do que lle dea a maldita gana.

Está claro que escollimos un xeito de vida… e non un negocio.

Por iso, se queres ser parte disto, porque a usas, a aproveitas ou porque simplemente che gusta: agora podes. Con cartos, claro 😉 porque amiguiños si pero…

30 eur/anual

  • Carné con un 6 e un 4 a cara do teu retrato
  • 5% desconto en 1 obradoiro

5 eur/mes

  • Carné con un 6 e un 4 a cara do teu retrato
  • 5% desconto en 2 obradoiro

60 eur/anual

  • Carné con un 6 e un 4 a cara do teu retrato
  • 5% desconto en 2 obradoiros

10 eur/mes

  • Carné con un 6 e un 4 a cara do teu retrato
  • 5% desconto en 4 obradoiros

120 eur/anual

  • Carné con un 6 e un 4 a cara do teu retrato
  • 5% desconto en 4 obradoiros

15 eur/mes

  • Carné con un 6 e un 4 a cara do teu retrato
  • 5% desconto en 5 obradoiros