Impartido por: Marta Verde
Nivel: Iniciación
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 115 €
Datas: 6 e 7 de febreiro de 2016


QUERO FACER ESTE OABRADOIRO

DESCRICIÓN
Processing é una linguaxe de código aberto e IDE (entorno de desenvolvemento), iniciado en 2001 no MIT. Está desenvolto principalmente por e para artistas e deseñadores, trátase dun acceso simple á programación creativa, cunhas enormes posibilidades.
Os seus múltiples usos van desde a xeración de gráficos en tempo real, visualización de datos, aplicacións de computer vision, control de sensores e actuadores (Arduino)….
www.processing.org

PROGRAMA

1
Historia e visionado de proxectos
Overview do software
Funcións básicas de debuxo
Uso da cor
** Práctica

2
Tipos de datos e variables
Estructura en funcións
Consola
Transformacións
Arrays
Funcións Lóxicas
Mouse e Teclado. Primeira interactividade
**Práctica

3
Carga de elementos externos
Imaxes en Processing
Atributos
Video (play e capture)
**Práctica

4
Librerías
ControlP5
Física
Computer Vision
Comunicación. OSC eTouchOSC
**Práctica

DOCENTE: Marta Verde
Programadora creativa, artista dixital, traballa con artes escénicas, publicidade, iluminación arquitectónica, deseñadores ou artistas; sempre buscando a converxencia entre tecnoloxía e creatividade. É docente en institucións como IED Madrid, Fundación Telefónica ou a Universidade Politécnica de Madrid.

DESTINATARIOS
Artistas, creativos e curiosos interesados en iniciarse no campo da programación creativa ou arte xerativa. Non son necesarios coñecementos previos de programación.

NECESIDADES
Ordenador portátil. Windows, Mac ou Linux


QUERO FACER ESTE OABRADOIRO