Impartido por: María Ramos
Nivel: Iniciación
Duración: 16h.
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 115 €
Datas: 28 e 29 de maio de 2016
DESCRICIÓN
Aprenderás as nocións básicas no deseño de tipografías. A partir do debuxo dun grupo de letras descubrirás como traballar as súas formas para que funcionen como conxunto no teu deseño.
PROGRAMA
Este obradoiro pretende ser unha ferramenta útil para os deseñadores que utilizan a tipografía no seu día a día. Realizaremos un achegamento ao deseño de caracteres para aprender a valorar as características dunha boa tipografía, e abrir un campo de exploración na propia experimentación coas formas.
Comezaremos o día cunha breve introducción ao deseño de tipografías e o debuxo de letras por ordenador. Con exemplos e referencias visuais aprenderemos a analizar en detalle as formas das letras, e descubriremos cales son as características que fan que un conxunto de letras funcionen visualmente como texto.
Cada alumno escollerá un frase para o seu deseño. Definirá o estilo das letras necesarias para a composición e trasladará os bosquexos ao ordenador.
O traballo do alumno intercalarase con pequenos tutoriais sobre os distintos pasos no proceso de deseño dunha tipografía: definición de características, bosquexo de ideas, deseño vectorial, composición e espaciado.
Ao final da xornada expoñeremos os traballos de cada alumno e discutiremos en grupo as posibilidades de cada deseño.
DOCENTE: María Ramos
Licenciada en Publicidade, traballou como deseñadora gráfica e editorial en varias axencias de Galicia. En 2015 completa o máster de deseño de tipografías da Universidade de Reading (Inglaterra), traballa actualmente neste campo como deseñadora independente.
www.marsidesino.com
maria@marsidesino.com
DESTINATARIOS
Deseñadores e ilustradores interesados na creación de tipos de letra personalizados. Son necesarios coñecementos previos de debuxo vectorial por ordenador.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Papel, regras milimetradas e outros materiais para bosquexar.
NECESIDADES
Ordenador portátil cun programa de debuxo vectorial (Illustrator, Freehand…). Recoméndase tamén descargar a versión de proba do programa de deseño de tipografías Glyphs (www.glyphsapp.com/buy)