Impartido por: Enrique Otero Neira (Brinka3D)
Nivel: Iniciación
Duración: 16 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 29 e 30 de outubro de 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Este obradoiro quere achegar o modelado e a Impresión 3D a tódalas aquelas persoas interesadas enseñando a empregar os programas de modelado informático para desenvolver un obxecto dende o deseño 3D ata a preparación do arquivo e a sua Impresión 3D sen necesidade de usar ferramentas CAD clásicas.

Aprenderase a escanear en 3D a partir de fotografías e escáner láser e a modificar os modelos de xeito excultorico. Unha vez o modelo estea listo, prepararase para a sua impresión 3D a través do software necesario. Todo elo a través de programas sinxelos, intuitivos e gratuítos ao marxe das ferramentas CAD clásicas.

PROGRAMA
– Sesión 1.- Escanado a partir de fotografías.
– Sesión 2.- Procesado e explicación do uso do escáner láser.
– Sesión 3.- Limpeza e escalado dos modelos obtidos.
– Sesión 4.- Modificación escultórica do modelo base escaneado.
– Sesión 5.- Preparación do modelo para a sua impresión 3D.
– Sesión 6.- Ferramentas alternativas para a creación e descarga de modelos online.
– Sesión 7.- Introducción a impresión 3D e aplicación do escaneado 3D.
– Sesión 8.- Tratamentos de post-producción dos modelos obtidos.

DOCENTE: Enrique Otero Neira
Arquitecto, iniciou a súa carreira en Ámsterdam no estudio Loehmann’s Architecture · Urban + Industrial Design, en 2008 trasládase a Barcelona e traballa en varios proxectos de prestixio internacional. Sempre relacionado coas novas tecnoloxías, o deseño CAD/BIM e a Impresión 3D, en 2014 funda Brinka3D. Dende entón impartiu múltiples obradoiros de modelado, deseño e Impresión 3D.

info@brinka3d

https://www.facebook.com/pages/Brinka3D/1463615130577391
https://www.linkedin.com/company/5334691

DESTINATARIOS
Tódalas aquelas persoas interesadas no escaneado 3D e as suas aplicacións tanto a nivel profesional (especialmente escultura, xoiería, moda, mediciña, etc.) como afeccionados sen necesidade de ter coñecementos previos de modelado en 3D ou de debuxo CAD.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
(entregarase un dvd aos asistentes co programa e exemplos empregados ao longo do obradoiro ou facilitarase a instalación dos programas a través dun pendrive)

NECESIDADES
Os asistentes precisarán o seu propio portátil onde instalarán software gratuito (válido tanto para windows como para mac)


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!