Impartido por: Bea Lema
Nivel: Iniciación
Duración: 12h
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h
N.º de prazas: 10
Datas: 26 e 27 de novembro de 2016
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Partindo da idea de reducir / reutilizar / reciclar veremos como construír os nosos propios mobles ou obxectos, empregando un dos materias de máis fácil alcance na actualidade, o lixo.

PROGRAMA
Introdución:
– A metodoloxía do deseño.
– Aspectos básicos a ter en conta cando proxectamos un espazo (necesidades, actividades, distribución, iluminación,…).
– Documentación: proxectos, deseño de código aberto, recursos en liña,…
– Materias que atopamos no lixo e como clasificalos.
– Procesos de construción e transformación.

Práctica:
A modo de laboratorio traballaremos para crear as nosas propias pezas.
Centrarémonos na construción de lámpadas, empregando como material principal plásticos, o cal transformaremos e combinaremos con outros.

DOCENTE: Bea Lema
Formada como deseñadora de produto, traballou para a firma Sargadelos. Posteriormente crea, xunto a Xoan Torres, o proxecto Lelédacuca. Na actualidade forma parte da cooperativa 7H, dende onde desenrola o seu traballo, entendendo o deseño como un espazo para cuestionar as cousas.
www.instagram.com/bea.lema

DESTINATARIOS
Dirixido a calqueira persoa interesada no deseño é a creación.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todo o material está incluido.

NECESIDADES
Roupa cómoda e que poda ensuciarse.

none

none

none

none